Muros achegou formación en eliminación de especies exóticas invasoras

11 Decembro 2025

O Concello de Muros levou a cabo no ano 2025 unha serie de actividades coas que se pretendeu dar a coñecer a problemática das especies exóticas invasoras entre a veciñanza e sectores concretos da poboación, así como realizar un mapeo das especies invasoras coa finalidade de promover accións encamiñadas ao control e eliminación das mesmas.

Así o explicou María Lago, alcaldesa e responsábel da área de medio ambiente, concretando que este programa incluíu visitas de recoñecemento, exposicións e charlas en centros educativos, inventario de especies invasoras, eliminación de especies invasoras a través de voluntariado ambiental e, por último, un curso de formación teórico-práctico para o persoal do concello que ten relación ou competencia coa xestión das especies invasoras.

Este curso de formación teórico-práctico para o persoal da brigada de medio ambiente tivo lugar o 26 de novembro. Consistiu nunha pequena exposición teórica sobre as especies exóticas invasoras: como se introduciron, problemas que causan, formas de eliminación, lexislación…

Posteriormente, realizouse a parte práctica, que tivo lugar na zona do Ancoradoiro, onde as persoas participantes levaron a cabo a eliminación da especie Carpobrotus edulis, coñecida como unlla de gato, unha especie invasora que ameaza gravemente os nosos ecosistemas costeiros. Nesta xornada eliminaron 35 sacos cuns 600 quilogramos de Carpobrotus.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.