Máis de 100 comercios súmanse ao Nadal solidario de AGADEA ALZHÉIMER en Barbanza, Santiago e A Estrada

19 Decembro 2025

AGADEA ALZHÉIMER puxo en marcha este Nadal 2025 unha campaña solidaria na que máis de 100 comercios e organismos locais das áreas de Santiago de Compostela, A Estrada e Barbanza se converten en protagonistas dun Nadal comprometido coa memoria, a inclusión e a solidariedade.

Ao longo destas semanas, persoas usuarias dos centros de AGADEA están a visitar os establecementos colaboradores para facerlles entrega dun agasallo de Nadal elaborado de maneira artesanal, froito das actividades terapéuticas que se desenvolven na entidade. Trátase dun xesto simbólico cargado de significado, co que se busca visibilizar a enfermidade de alzhéimer, sensibilizar á sociedade e reforzar os lazos entre o comercio de proximidade, as familias e a comunidade.

A campaña destaca tamén polo seu importante valor terapéutico e social, xa que fomenta a estimulación cognitiva, a participación activa e a socialización das persoas usuarias, ademais de fortalecer o seu sentimento de pertenza. Ao mesmo tempo, pon en valor o papel do comercio local como axente fundamental dunha sociedade máis humana, próxima e solidaria.

Desde AGADEA ALZHÉIMER salientan a implicación e a boa acollida por parte dos establecementos participantes, agradecendo a súa colaboración e compromiso cunha iniciativa que converte o Nadal nun tempo de encontro, conciencia social e apoio ás persoas que conviven coa enfermidade e ás súas familias.

Máis de 100 comercios súmanse ao Nadal solidario de AGADEA ALZHÉIMER en Santiago, A Estrada e Barbanza. Biblioteca O Grilo

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.