Este venres 12 de decembro a agrupación Inventi Teatro e a actriz, contadora e escritora Bea Campos estarán en Boiro, no Centro Social de Abanqueiro, para achegar un espectáculo para público adulto (de máis de dezaseis anos). Trátase da peza Chegar e encher. A función comezará ás 21.00 horas e as entradas estarán dispoñíbeis na billeteira dende unha hora antes da función.
Segundo consta na ficha de Inventi, Chegar e encher é un canto ao fracaso, un divertido monólogo teatral de Bea Campos onde conviven a improvisación, a narración oral e o cabaré. Propón unha reflexión ácida e divertida sobre a imposibilidade de controlar as nosas vidas e a dificultade de encaixar nos roles de xénero marcados.




