Galicia necesita aumentar as reservas de sangue dos grupos A Positivo, A Negativo e Cero Negativo

05 Decembro 2025

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) apela á solidariedade dos galegos e galegas e fai un chamamento á participación da cidadanía. O vaga de gripe e enfermidades víricas respiratorias ten menoscabado a participación dos doantes polo que as reservas dos distintos grupos sanguíneos ten diminuído.

Neste momento, o chamamento é xeneralizado á participación de todos os doantes pero, moi especialmente, aos grupos A Positivo, A Negativo e Cero Negativo.

A ADOS dispón de sete locais de doazón nas sete grandes cidades galegas e dez unidades móbiles que efectuarán, nas vindeiras xornadas, os seguintes desprazamentos:

DATADESPRAZAMENTOS
Venres 5 de decembroAbegondo, Cabanas, Carballo, Ribeira, Bertamiráns (Ames), Burela, Ribadavia, Cambados, Cangas do Morrazo e Porriño
Martes 9 de decembroCedeira, Kimak, Teixeiro (Curtis), Jealsa (Bodión), Muros, Ronda das Fontiñas (Lugo), Quiroga, Barrio Rúa do Paseo (Ourense), Mondariz, Ribadumia e Tomiño
Mércores 10 de decembroRepsol e Barrio Os Mallos (A Coruña), Muxía, Jealsa (Bodión), Miño, Praza Roja (Santiago), Praza Maior (Lugo), A Cañiza, O Rosal, Zona da Ferraría (Pontevedra) e Barrio do Calvario (Vigo)
Xoves 11 de decembroPraza de España (Ferrol), Polígono da Grela e Cantón-Obelisco (A Coruña), Cambre, Escurís, Milladoiro (Ames), Viveiro, Barrio estación (Ourense), Arbo, Rúa Príncipe e Barrio Torrecedeira (Vigo) e Vilanova de Arousa

A Axencia, agradecer o compromiso de todos os galegos e galegas que doan sangue e convida a todos aqueles que aínda non o fixeron, a que den o paso solidario de acudir ata unha unidade móbil ou un local da ADOS e realicen esa doazón que permite, cada día, a moitos doentes solucionar graves problemas de saúde.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.