Falece un home tras caer co seu vehículo ao mar no porto de Vilanova de Arousa

22 Decembro 2025

Un home duns 80 anos faleceu este luns pola mañá tras caer ao mar co seu vehículo no porto de Vilanova de Arousa, segundo confirmou o 112 Galicia.

TVG

O suceso produciuse arredor das 8:00 horas, cando un empregado da estación de servizo situada no peirao de Vilanova se decatou de que un turismo precipitárase á auga. Sen tempo para reaccionar antes de que o vehículo se afundise, o operario deu aviso inmediato aos servizos de emerxencia.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil, Emerxencias de Vilanova e os Bombeiros do Salnés, que tentaron rescatar o condutor, único ocupante do coche. Porén, malia os esforzos realizados, non foi posible salvarlle a vida.

Unha vez recuperado o corpo, os servizos de emerxencia confirmaron o falecemento da vítima, un veciño da parroquia de San Miguel de Deiro, duns 80 anos de idade. A zona quedou precintada á espera da chegada do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil da Coruña, que, coa colaboración dun guindastre, procedeu á extracción do vehículo da auga.

As causas do accidente continúan a ser descoñecidas e a Garda Civil mantén aberta unha investigación para esclarecer o sucedido.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.