Este sábado inaugúrase a XXI Exposición da Camelia Sasanqua en Boiro

12 Decembro 2025

Este sábado 13 de decembro inaugúrase oficialmente a XXI Exposición da Camelia Sasanqua e outras do Concello de Boiro. Será a partir das 17.00 horas no Pazo de Goiáns e no local multiusos do Mercado Municipal. Participarán José Ramón Romero, alcalde, e María Outeiral, concelleira de Turismo.

17.00h – Plantación dun exemplar de Camelia Sasanqua no Pazo de Goiáns

17.30h – Acto inaugural da XXI exposición no local multiusos do Mercado Municipal

O Concello de Boiro celebra os días 13 e 14 de decembro a XXI Exposición da Camelia Sasanqua e Outras, que se desenvolverá no local multiusos do Mercado Municipal de Boiro. O programa de actividades comezará o sábado 13 de decembro coa plantación dun exemplar de camelia sasanqua ás 17.00 horas no Pazo de Goiáns e o acto inaugural terá lugar no local multiusos do mercado municipal coa participación da Escola de Música de Boiro ás 17.30 horas.

A mostra estará aberta o sábado dende o acto inaugural ata as 20.00 horas e o domingo en horario de mañá e tarde. Pola mañá de 11.00 a 14.00 horas e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas. O domingo haberá unha exhibición da agrupación de Palilleiras Revolteir@s que estarán na exposición de 11.30 a 13.30 horas e pola tarde actuación de Paco Nogueiras C@nto contigo para público familiar ás 17.30 horas.

Durante toda a fin de semana haberá unha exposición de Rosa Crespo Pintando y disfrutando entre camelias e postos de artesanía como Artesanía Mosaico en Caços de Portugal, Orfebrería Hedra de Vilaboa, e Flor de Camelia Licores de Camelia de Portugal.

Van participar nesta exposición un total de 33 expositores de Galicia, Asturias e tamén Portugal, que completarán un total de 51 metros de flor onde haberá diversas variedades de camelia sasanqua.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.