O vindeiro domingo 7 de decembro a parroquia rianxeira do Araño celebra a Festa de Santa Baia. A axenda comezará con bombas de palenque a primeira hora da mañá e proseguirá cunha misa ás 12.00 horas con posterior procesión e música tradicional galega cos gaiteiros Os Pequenos do Barbansa. Ás 13.00 horas haberá sesión vermú co Dúo D’Vicio acompañada dunha mexillonada. Pola noite ás 21.00 horas haberá baile e cea na honra de Santa Baia, con empanada, callos, paíña asada (con patacas amarelas), sobremesa e bebida. A festa rematará cunha verbena a cargo de D’Vicio, aberta a veciños e visitantes (non só a quen participe na cea). Organiza a Asociación de Cultural a Carballeira de Baia co apoio do Concello.




