Este 31 de decembro, nova sesión de Tardeo de Nadal en Porto do Son

31 Decembro 2025

Este 31 de decembro vaise celebrar unha nova edición (logo da de Noiteboa) dos Tardeos de Nadal en Porto do Son: unha festa vespertina para celebrar o aninovo antes da noite. Haberá música con Arume (das 17.00 ás 18.30 horas), coa charanga Os Charangos (de 18.00 a 20.00 horas) e con DJ Kike Varela (das 20.00 ás 21.30 horas).

Dende o Concello lembran que a actuación do grupo Tanto nos Ten, dentro da programación de Tardeos de Nadal, queda cancelada por motivos alleos á organización (o Concello en colaboración coa hostalería local). Esta actuación estaba prevista en horario de 18:30 a 20:00 horas. Aínda así, toda a veciñanza poderá desfrutar e bailar a ritmo da música dos tardeos en Porto do Son. As actuacións terán lugar polas rúas e bares da vila.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...