Esta “finde” celébrase o Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo

16 Decembro 2025

O Auditorio de Rianxo acolle a vindeira fin de semana o Festival de Nadal da Escola Música Rianxo. Desenvolverase en catro sesións entre o venres 19 e o domingo 21 de decembro. O venres 19 levarase a cabo a primeira das sesións, a partir das 20.00 horas no Auditorio de Rianxo, coas aulas de percusión, canto, guitarra, trompeta, saxofón, baixo eléctrico e combo infantil.

O sábado será a quenda da aula de piano, ás 11.00 horas no Auditorio.

O domingo actuará o alumnado das aulas de frauta, óboe, metal grave, saxofón e banda infantil. Será ás 11.30 horas no Auditorio.

O domingo pola tarde será a última quenda a partir das 18.00 no Auditorio, coas aulas de fagot, clarinete, violín, violonchelo, ensemble de cordas e aula de iniciación musical.

Organiza da Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello, a Deputación da Coruña e a Xunta.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.