En marcha unha nova edición do certame de curtas en galego Nós tamén creamos

05 Decembro 2025

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Innovación Educativa activaron unha nova edición do concurso de curtametraxes en galego Nós tamén creamos!, desenvolvido en colaboración coa Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia. O obxectivo é favorecer o uso do galego en novos e innovadores ámbitos creativos e formatos. E, tamén, dar a coñecer as opcións de ocio en galego que lle ofrece á cativada a sección infantil da páxina web da Televisión en Galicia.

Establécense catro categorías con cadanseu premio: categoría 1, destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil; categoría 2, dirixida a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria; categoría 3, destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria; e categoría 4, para curtas realizadas con alumnado de quinto e sexto de educación primaria. Ademais, poderá concederse, a xuízo da comisión de selección, un accésit para cada categoría.

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. De ser o caso, o profesorado que participe nas curtas recoñecidas cun accésit recibirá unha certificación de Accésit.

Aos colexios entregaráselles, ademais dun lote de libros, un contrasinal de entrada a unha plataforma de contidos dixitais en galego para poder acceder aos álbums ilustrados durante o curso 2025-2026.

Nesta edición, as curtas débense basear nalgún dos seguintes libros en galego, de OQO editora, que se lles enviaron tanto aos centros educativos participantes no programa como aos que o fixeron de forma libre no certame (libros que recollen nas súas sobrecubertas unha ilustración para pintar e un código QR que nos leva á súa adaptación cinematográfica):

A mellor sopa do mundo, Susanna Isern e Mar Ferrero

O soño do osiño rosa, Roberto Aliaga e Helga Bransch

Hai alguén máis feroz ca min?, Hugo Fernandes e Zé Carlos Pinto

Mago Rosa, Txabi Arnal e Rashin Kheiriyeh

Que roubo máis boubo!, Emma S. Varela e Graziella Troncatti

E que podo facer eu?, José Campanari e Jesús Cisneros

Algo pasa na casa do lobo, Susanna Isern e Ayesha L. Rubio

Nariz de ouro, Raquel Saiz e Juliana Bollini

A voda do galo pinto, Juan Alfonso Belmontes e Natalie Pudalov

O sultán e os ratos, Joan de Boer e Txell Darné

A árbore tan pouco árbore, Miguel A. Pérez Arteaga

Diona, Juan Senís e Óscar Sabini

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.