Dúas persoas evacuadas ao hospital por unha intoxicación por monóxido de carbono en Cambados

15 Decembro 2025

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas ao Hospital do Salnés tras resultar intoxicadas por monóxido de carbono nun domicilio situado no lugar de Couto de Arriba, na parroquia de Castrelo, en Cambados.

O suceso produciuse pasadas as sete da mañá, cando unha persoa alertou ao 112 Galicia ao comprobar que dous ocupantes da vivenda, ambos de idade avanzada, se atopaban indispostos e con dificultades respiratorias. De inmediato, o servizo de emerxencias mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como ao servizo local de emerxencias de Cambados e á Policía Local.

Unha vez no lugar, os efectivos comprobaron que existía unha acumulación de monóxido de carbono no interior da vivenda, provocada polo mal funcionamento dunha cheminea, que encheu a casa de fume e reduciu os niveis de osíxeno. As medicións realizadas confirmaron a presenza do gas, polo que se procedeu á ventilación do inmoble.

O persoal sanitario atendeu ás dúas persoas afectadas no lugar e, posteriormente, organizou o seu traslado ao Hospital do Salnés para unha avaliación médica máis exhaustiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.