Dodro reforza o seu compromiso coa redución, reutilización e reciclaxe dos residuos

29 Decembro 2025

O Concello traballa na ampliación do número de composteiros e na promoción da reciclaxe entre a veciñanza

O Concello de Dodro rematará o ano 2025 con éxito na súa loita contra a xestión ineficiente dos residuos, rexistrando unha nova redución no volume de residuos que envía á planta de SOGAMA. Esta mellora reflicte os avances conseguidos grazas ás iniciativas medioambientais que o Concello vén implementando de xeito continuado.

Para intensificar esta tendencia e ampliar o impacto das políticas ambientais, o Concello de Dodro solicitou recentemente unha subvención á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para a adquisición de 220 novos composteiros. Este investimento permitirá que máis fogares do municipio poidan beneficiarse do sistema de compostaxe doméstica, unha práctica clave na loita contra a xeración de residuos. A iniciativa contará coa colaboración dunha empresa especializada, que se encargará da formación e do seguimento dos veciños e veciñas participantes, garantindo o uso adecuado e eficaz dos composteiros.

Un modelo de xestión responsable dos residuos

O Concello de Dodro reafirma o seu compromiso coa protección do medio ambiente e a xestión sostible dos residuos urbanos. A aposta por reducir, reutilizar e reciclar é fundamental para avanzar cara a un modelo máis respectuoso co entorno e para mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Nos últimos anos, o goberno local traballou en diversas iniciativas que buscan mellorar a xestión dos residuos e fomentar a implicación activa da cidadanía.

Entre as actuacións máis destacadas, atópase a creación dun terreo municipal destinado ao depósito de ramas e restos de poda, que posteriormente son triturados e reutilizados, permitindo así unha xestión máis eficiente e sostible dos residuos vexetais.

Ademais, o Concello puxo en marcha un punto limpo móbil, que percorre as distintas parroquias do municipio. Este servizo facilita a separación correcta dos residuos e promove hábitos responsables entre a veciñanza, ao tempo que achega o servizo de reciclaxe ás zonas máis afastadas do centro urbano.

Compromiso co fomento da compostaxe

Dentro do seu compromiso co medio ambiente, o Concello de Dodro tamén apostou por fomentar a compostaxe doméstica. Neste sentido, o municipio contou coa colaboración de SOGAMA, que cedeu 30 composteiros para o uso dos veciños, xunto cunha charla formativa e material informativo para mellorar a xestión da fracción orgánica nos fogares. Esta iniciativa permitiu sensibilizar á veciñanza sobre a importancia de separar adecuadamente os residuos e de reducir a cantidade de residuos orgánicos que se envían a vertedoiros ou incineradoras.

Unha aposta polo futuro sostible de Dodro

Todas estas actuacións están a ter un impacto positivo tanto no medio ambiente como nas arcas públicas, xa que contribúen a reducir os custos asociados á xestión dos residuos. Ao mesmo tempo, promoven un modelo máis sostible, eficiente e económicamente responsable para toda a cidadanía de Dodro.

O goberno municipal seguirá traballando na sensibilización e educación ambiental, xa que considera que a colaboración activa da veciñanza é fundamental para conseguir un municipio máis limpo e respectuoso co medio ambiente.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.