Cristina García salienta en Mazaricos a colaboración da Deputación para  recuperar un edificio sen uso e destinalo a local social

26 Decembro 2025

A deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Concellos da Deputación da Coruña, Cristina García, visitou este venres 26 de decembro en Mazaricos a obra de rehabilitación da casa do conserxe do antigo CEIP Pino de Val, pechado no 2021.

Esta actuación, sinalaron, “permitirá recuperar un espazo que permanecía en desuso e convertelo nun local social”.

A obra, promovida polo Concello e financiada integramente con fondos do Plan Único (POS), ascende a algo máis de 123.000 euros.

Na visita, García Rey estivo acompañada pola tamén deputada Sol Agra, e o polo alcalde da localidade, Juan José Blanco Riveiro. A responsábel de Plans Provinciais destacou que para a Deputación “unha satisfacción” poder contribuír á recuperación dun local que estaba abandonado desde o peche da escola “e darlle unha segunda vida poñéndoo ao servizo dos veciños e das veciñas”.

Pola súa parte, o alcalde agradeceulle á Deputación o apoio para emprender “unha obra tan necesaria” coma esta. Tamén puxo en valor a contía dos investimentos do  Plan Único da Deputación no municipio, imprescindíbeis para cuestións como “o abastecemento de auga, a mellora de vías e outros servizos que dificilmente poderíamos levar adiante no día a día para un Concello das nosas dimensións”.

Desde o ano 2017, Mazaricos recibiu 10,3 millóns de euros do Plan Único da Deputación (POS); deste total, 2,1 foron no ano 2025 que agora remata. Nestes momentos xa está prevista a primeira achega do ano 2026, que ascende a case 1,2 millóns, cifra que previsibelmente se incrementará ao longo do ano co POS adicional.

Cristina García Rey tamén destacou o investimento do POS noutros concellos da comarca do Barbanza este ano 2025: preto de 1,4 millóns tanto en Noia como en Outes, ao redor de 1,3 millóns en Muros e algo máis de 1,1 millóns en Lousame.

Mesmo antes do peche do centro educativo, a casa do conserxe de Pino de Val levaba anos sen ese uso, destinándose a almacén de material escolar. O edificio, que aínda así estaba en relativo bo estado, transformarase nun equipamento dotacional de carácter multiusos, concibido como un espazo flexíbel para reunións, actividades culturais, obradoiros ou actos veciñais.

Os traballos inclúen a rehabilitación interior, a mellora da eficiencia enerxética do inmóbel, a renovación das instalacións e o acondicionamento dos espazos exteriores, coa separación do recinto respecto do resto do antigo complexo educativo e a creación dunha pequena zona verde.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.