CONGALSA, referente en abastecemento responsábel e xestión ambiental grazas a unha década de colaboración coa organización SFP

01 Decembro 2025

CONGALSA, empresa da Pobra referente galego e estatal en alimentación con produtos do mar, e a organización internacional Sustainable Fisheries Partnership (SFP) están a celebrar estes días unha década de alianza, un tempo “marcado por unha frutífera colaboración orientada a impulsar a sustentabilidade pesqueira, fortalecer a rastrexabilidade da cadea de subministración e promover a xestión responsábel dos recursos mariños a escala global”, informaron as dúas entidades.

A reputación internacional de SFP en materia de abastecemento consciente e respectuoso co medio ambiente e a súa capacidade para articular Proxectos de Mellora de Pesqueiras (FIP) foron elementos decisivos para que CONGALSA establecese unha alianza coa organización en 2015.

“A adhesión permitiunos profundar na nosa estratexia de compras responsábeis, avanzar en certificacións de sustentabilidade e colaborar de forma máis estreita con provedores e comunidades locais para a protección de hábitats e a viabilidade das especies”, destacou David Comesaña, director de Compras da compañía.

Dez anos de fitos conxuntos

Durante esta década, CONGALSA e SFP participaron en diversos foros especializados, compartindo experiencias e coñecementos sobre os retos do sector pesqueiro. A alianza reforzou o liderado da firma da Pobra do Caramiñal como empresa comprometida coa sustentabilidade e fortaleceu a súa estratexia neste ámbito baseada en iniciativas que contribúen á protección dos recursos mariños.

Entre os logros máis destacados, CONGALSA colaborou desde o inicio en Proxectos de Mellora de Pesqueiras (FIP) de relevancia mundial, como o potón do Perú (Dosidicus gigas) ou a quenlla ou tintorera (Prionace glauca). Ademais, forma parte activa da Squid Roundtable, mesa redonda global que reúne a líderes do sector de cefalópodos para promover accións de sustentabilidade ambiental e social nas principais pesqueiras de lura.

Superar desafíos para liderar a sustentabilidade

Para CONGALSA, ser a primeira empresa española en adherirse a SFP supuxo asumir importantes retos como, por exemplo, “xestionar un elevado volume de materias primas procedentes de diversos caladoiros internacionais, integrar información científica e sectorial no seu modelo de compra e someter os seus provedores a estritas auditorías ambientais, sociais e legais”.

Así mesmo, a alianza con SFP posibilitou que CONGALSA avance na consecución de obxectivos marcados pola Axenda 2030, “especialmente na eliminación de prácticas pesqueiras non respectuosas co medio, posicionándonos como referente no cumprimento de estándares globais”, afirmou Comesaña.

Unha valoración positiva e unha visión a futuro

CONGALSA valora estes dez anos de colaboración con SFP como un período moi frutífero, clave para consolidar a súa posición como organización que sitúa a sustentabilidade no centro da súa xestión. “De fronte ao futuro, aspiramos a profundar e ampliar esta alianza, explorando novas iniciativas conxuntas orientadas á sustentabilidade global das pesqueiras e reforzando o noso compromiso co abastecemento responsábel e a protección dos ecosistemas mariños”, conclúen desde a empresa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.