Chutin’s Garage e La Tapadera, primeiros premios do Concurso de Embelecemento de Locais Comerciais e Hostaleiros

26 Decembro 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal acaba de pór o broche de ouro ao seu primeiro Concurso de Embelecemento de Locais Comerciais e Hostaleiros. Fíxoo coa entrega dos galardóns (dous primeiros premios e dous segundos) por parte da concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo. Nesta edición inaugural, a empresa de coidado e estética de vehículos, Chutin’s Garage, e o bar de tapas, La Tapadera, conseguiron as primeiras posicións nas seccións de comercio e hostalaría, respectivamente.

O premio para Chutin’s Garage

A relación de galardoados completouse coa zapatería Mandarina e coa Taberna Os Cuñados, que lograron o segundo posto nas dúas categorías do certame.

O premio para La Tapadera

A concelleira de Promoción Económica felicitou aos premiados, sobre todo tendo en conta “a cifra de negocios participantes e, especialmente, o alto nivel das decoracións”. En total, foron 22 os establecementos que concorreron no concurso, “cuxo esforzo e creatividade dificultou a decisión do xurado”. Ante a alta participación acadada, a concelleira avanza que se estudará aumentar o número de premios de cara ás vindeiras convocatorias da iniciativa.

O premio para Mandarina

Á hora de decidir os gañadores tivéronse en conta aspectos como a creatividade e orixinalidade, a estética e harmonía do conxunto, a iluminación e ambientación do Nadal, a integración ca contorna urbana e a contribución ao embelecemento xeral da vila. Así mesmo, a ornamentación do interior e do exterior do establecemento foi outra das cuestións que se valorarán á hora de outorgar os galardóns.

O premio para Os Cuñados

Como galardón, Chutin’s Garage e La Tapadera faranse cun primeiro premio de 1.000 euros. No caso de Mandarina e a Taberna Os Cuñados, o importe do premio será de 500 euros. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.