“Cartas a meu pai” – Xosé González Martínez

29 Decembro 2025

Así titulei a libreta na que desde hai anos veño escribíndolle cartas póstumas de agradecemento a meu pai polas ensinanzas recibidas. Nelas relátolle lembranzas que vivimos xuntos cando aínda cativo andaba da súa man polos camiños de Mourigade, a nosa aldea. El cunha fouce nunha man e unha vara na outra íame dando explicacións sobre todo o que nos rodeaba. Tiña a sabedoría propia das xentes que viviron en continuo diálogo coa natureza e tradicións das que aprenderon empíricos saberes.

A primeira lección que me deu foi ao pé dunha torada de carballos. Explicoume o significado da palabra cerna e o significado dos seus círculos concéntricos. Polo numero deles sabíase os anos que tiñan e pola súa delgadeza ou grosor se os anos foran abondosos en chuvias ou secos. Con esa aprendizaxe fun feliz porque tamén eu podía dialogar coa natureza.

Foi el quen me puxo ao tanto da existencia de guerrilleiros antifranquista nos montes, nomeadamente de Benigno García Andrade, “O Foucellas”,o máis célebre, quen pola súa intelixencia e audacia puido fuxir das celadas que lles facían as forzas represivas. Leccións de historia que só sabían os que a sufriran.

Nos ribazos nacían herbas e plantas diversas, das que el coñecía os seus nomes e as propiedades curativas. Unhas servían, tal era o caso da ruda fervida, para eliminar os parasitos intestinais que tan comúns eran nos nenos; outras, para eliminar as verrugas e herpes, por poñer algúns exemplos. Eu, que observaba como os cans e gatos ás veces comían herbas sen saber por que, aprendín por el as razóns: facíano por instinto para provocar vómitos e botar fóra calquera materia non desexada que lles facía mal no estómago.

Asorado quedei,cando souben que as teas de araña eran moi beneficiosas para controlar as hemorraxias de sangue. Remedio que lle aplicaran a el sendo neno cando cun machado involuntariamente fixera un corte profundo na man; abondou con envolverlla con teas de araña. Moitos anos despois souben que teñen a profilática vitamina K para coagular o sangue.

Pero a lección máis sorprendente de arquitectura aprendina cando debía ter cinco anos. Resulta que meu pai quería derrubar un ribazo de cachoteria. Pediulle aos veciños que lle botasen unha man. Un domingo apareceron sete ou oito homes dispostos con cadansúa ferramente na man. Mais foi o caso que o meu tío Jesús, que ía dirixir o traballo, demorara a chegada; daquela meu pai ordenou que non se fixese nada sen a súa presenza. Mentres, eu enredaba coa carretilliña que me fixera o día anterior. Os homes facían chanzas a miña conta. Cando chegou meu tío o primeiro que fixo foi apalpar os cachotes. Feita a pertinente análise pediu unha marreta. Golpeou nunha pedra e derrubouse de vez boa parte do valado. O que parecía que ía ser traballo de horas realizouse en pouco tempo. Xa sendo eu adulto pregunteille a un amigo arquitecto a razón do proceder do meu tio. Atopou a pedra sobre a que actuaban as forzas gravitacionais, díxome.

Sendo como foi un reputado artesán da ebanistería (realizou delicados deseños do arquitecto Gómez Román), con pouca escola, explicoume un día que o galego era un idioma que se falaba con variantes (descoñecía as palabras dialectos e isolinguas), “por iso hai palabras que se usan nun sitios e outras noutros”, matizou. E púxome varios exemplos: nunhas comarcas dise man, e noutras maos ou mas. Moitos anos despois aprendín nos tratados de dialectoloxía o que el sabia coloquialmente por térllelo escoitado explicar nas tabernas da rúa compostelán do Franco aos intelectuais galeguistas en tempos da República para os que facía mobles. Daqueles tempos son as súas lecturas da obra rosaliana.

A meu pai débolle a miña formación iniciática nacionalista, que foi socrática nas súas orixes. Del aprendín a importancia de interpretar a realidade cotiá valéndome da intuición, que tan útil me foi cando carecía de información racional. E tamén o alcance da lealdade e solidariedade. Por iso lle sigo a escribir cartas a cada pouco agradecéndolle todo o que me ensinou.

Xosé González Martínez é presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...