Cáritas Ribeira recauda máis de 2.300 euros na súa Gala Solidaria de Nadal cun espectáculo de Mimarte

15 Decembro 2025

Cáritas Ribeira recadou un total de 2.300 euros na súa Gala Solidaria de Nadal, celebrada cun espectáculo do grupo Mimarte que encheu o auditorio municipal e contou cunha excelente resposta do público.

Remitida

O evento, que esgotou localidades, ofreceu unha proposta de teatro musical dirixida a toda a familia, na que se combinou fantasía, música e mensaxes sociais. O espectáculo incluíu a participación de distintos grupos de Mimarte e incorporou un futurista conto de Nadal cunha clara crítica ás redes sociais e unha chamada á reflexión sobre a realidade actual.

A recadación procede da venda de entradas, cunha achega de 5 euros, así como dunha rifa solidaria organizada durante a gala. Os fondos obtidos destinaranse aos programas habituais de Cáritas Ribeira, centrados na atención ás persoas e familias en situación de vulnerabilidade.

Desde a organización destacaron o éxito da convocatoria e agradeceron a colaboración do público asistente, así como a implicación dos artistas e persoas voluntarias que fixeron posible o desenvolvemento da gala. Cáritas Ribeira subliñou tamén a importancia deste tipo de iniciativas solidarias, especialmente nestas datas do Nadal, para seguir prestando apoio ás persoas que máis o precisan.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.