Cáritas Diocesana de Santiago habilita unha nova web e reforza o seu ecosistema dixital

26 Decembro 2025

Cáritas Diocesana de Santiago puxo en funcionamento a súa nova web corporativa, unha nova plataforma dixital que en palabras da organización humanitaria “supón un paso adiante na mellora das ferramentas de comunicación, información e documentación de Cáritas na Diocese de Santiago, tanto para o traballo interno como para a súa relación coa sociedade”.

Explican dende Cáritas que a “web nace coa vocación de converterse nun espazo de referencia corporativa máis claro, accesíbel e aliñado coa nosa identidade común, integrando de maneira ordenada a acción social, a actualidade, as campañas, os recursos e a información institucional”.

Un dos obxectivos estratéxicos do novo portal é reforzar o peso corporativo das 5 Cáritas interparroquiais e 317 Cáritas parroquiais, favorecendo unha imaxe común, coherente e recoñecíbel en toda a organización, e avanzando cara a un ecosistema dixital compartido nos 110 concellos das provincias da Coruña e Pontevedra onde está presenta Cáritas na Diocese de Santiago.

Ademais, a nova web incorpora a subscrición ao boletín online corporativo, dispoñíbel na parte inferior da portada, que se consolida como “unha canle clave para manternos informados da actividade, as novidades e as campañas de Cáritas”.

Para a directora de Cáritas Diocesana de Santiago, Pilar Farjas, “queremos poñer esta nova ferramenta ao servizo da nosa misión para que nos axude a estar máis preto de quen nos necesita, reforzando unha identidade común en toda a diocese que facilite o acceso á información tanto ás persoas voluntarias como á cidadanía”.

E engadiu que “estamos convencidos de que será un espazo vivo, útil e próximo, que axude a entender a realidade social que acompañamos cada día e fortaleza a relación coa sociedade”.

Este lanzamento súmase ao traballo desenvolvido en redes sociais, que forman parte esencial da estratexia de comunicación de Cáritas Diocesana de Santiago.

Pódense seguir en Facebook, en Instagram, en X (antiguo Twitter), en TikTok, en YouTube e en LinkedIn

Con esta nova web e o reforzo das súas canles dixitais, Cáritas Diocesana de Santiago avanza cara a unha comunicación máis coordinada, profesional e ao servizo da súa misión social.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.