BNG denuncia TACs “demoledores” para o sector pesqueiro galego en 2026 e exixe ao Goberno medidas urxentes

23 Decembro 2025

O Bloque Nacionalista Galego advirte do “grave impacto” que terá para o sector pesqueiro galego o acordo acadado pola Comisión Europea o pasado 12 de decembro sobre os Totais Admisíbeis de Captura (TACs) e cotas para o ano 2026, un acordo que en palabras da agrupación galega “supón recortes severos para a frota do Atlántico e que volve ignorar o impacto social e económico destas decisións nas comarcas do litoral”.

A senadora do BNG, Carme da Silva, cualifica o acordo de “auténtica xerra de auga fría para a Galiza”, ao permitir un recorte de 70% na cota de xarda e de 41% na de lirio ou mexete, dúas especies fundamentais para a frota galega. Segundo denuncia, “a Comisión Europea segue aplicando criterios exclusivamente biolóxicos, sen incorporar a perspectiva socioeconómica, malia existir informes que alertan das consecuencias para o emprego e a viabilidade do sector”.

Engadiu que “os recortes nestas dúas especies clave suporán, segundo as estimacións do propio sector, perdas económicas de entre 32 e 38 millóns de euros, afectando directamente a cerqueiros, arrastreiros, artes menores e tamén á industria transformadora vinculada á pesca”.

Lembrou tamén que un informe da Universidade de Santiago de Compostela estima que o impacto directo na frota galega será de até 28,4 millóns de euros no caso da xarda e de máis de 11 millóns no do lirio.

Ademais, o acordo inclúe reducións noutras especies de grande interese para a frota galega como o xurelo, o abadexo, o ollomol, o rape ou a pescada, e mantén a prohibición de capturar cigala frente á costa galega, agravando a situación de moitas embarcacións.

Para o BNG, estes TACs volven decidirse de costas á realidade do sector pesqueiro galego, polo que exixe ao Goberno do Estado que rexeite estes recortes nas instancias europeas, incorpore criterios socioeconómicos na política pesqueira común e active medidas compensatorias e axudas para cubrir novos paros biolóxicos.

Así mesmo, a senadora do BNG demanda que o Ministerio se reúna de maneira urxente cos sectores pesqueiros afectados para dar resposta a unha crise que pon en risco o futuro de miles de familias do litoral galego.

Outros artigos

Amicos énchese de personaxes de cinema para celebrar o Samaín

Meigas, criaturas do máis alá e personaxes dalgunhas das películas máis coñecidas do cinema de terror déronse cita na sede boirense de Amicos para celebrar o Samaín 2026. O Centro de Atención Integral transformouse nun escenario de película, onde persoas de todas as...

+

Ames, a RAG e Rois impulsan unha nova edición de Modo galego

O proxecto de investigación-acción para a dinamización da lingua na infancia Modo galego, actívao! iniciou hoxe unha nova etapa de consolidación e extensión. Fíxoo novamente da man do Concello de Ames e a Real Academia Galega (RAG) e cunha nova entidade aliada: o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.