Augas de Galicia contribúe a eliminar vertidos en Outes e en Carnota

19 Decembro 2025

A Xunta, a través de Augas de Galicia, contribuíu a eliminar recentemente un punto de vertido de augas residuais de carácter municipal no concello de Outes e outro particular no de Carnota.

O persoal do Programa de Control de Vertidos (PCV) detectou ambas incidencias “no marco dos labores rutineiros que realiza nestes concellos ao abeiro da campaña de inspección da rede fluvial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa”, explicou Augas, engadindo que no caso de Outes, o episodio localizouse na parroquia de Cando e consistía na emisión de augas residuais urbanas “sen ningún tipo de depuración previa consecuencia da rotura na tubaxe de entrada nunha fosa séptica”. O vertido era efectuado ao terreo, onde remataba por infiltrarse.

Os técnicos do organismo autonómico instaron ao titular das instalacións para que adoptase as medidas oportunas co fin de solucionar a situación. Nunha inspección posterior á zona, comprobaron a emenda do punto de vertido despois de que o Concello de Outes procedese á reparación da tubaxe e a posta a punto da fosa, “o que permitiu poñer fin aos aportes de augas sen depuración ao dominio público hidráulico”.

No caso de Carnota, tratábase dun vertido de carácter particular na parroquia do Pindo que acababa no mar, polo que o persoal de Augas de Galicia contactou co propietario da vivenda para que realizase as actuacións necesarias para corrixir os aportes irregulares ao dominio público hidráulico.

Nunha inspección posterior á zona, os técnicos do organismo dependente da Xunta verificaron a emenda do punto de vertido unha vez executadas obras para a conexión das augas residuais cara á rede de saneamento municipal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.