Aprazada até o 3 de xaneiro a Andaina por Palestina de Rianxo programada para este sábado

04 Decembro 2025

Tendo en conta a previsión meteorolóxica para as próximas xornadas, a andaina por Palestina prevista para o vindeiro sábado (6 de decembro) aprázase ao 3 de xaneiro. Dende a organización rogan ás persoas inscritas na camiñada que desculpen as molestias causadas, “pero é preciso garantir a seguridade das e dos participantes”.

A andaina vén da man do Festival Rock in Rian, coa colaboración do Concello de Rianxo. Na nova data fixada seguirá a presentar dous percorridos: un de 11 quilómetros de distancia a camiñar e outro de 4,5 quilómetros, así como opción de fila 0 para que calquera persoa poida apoiar a iniciativa.

O recadado doarase a International Child Welfare.

As inscricións están abertas aínda na web woutick.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.