Amas de Casa de Ribeira festexará o Nadal con varias actividades en colaboración co Concello

18 Decembro 2025

A Asociación Amas de Casa de Ribeira organiza varias actividades para o Nadal, en colaboración coa Concellería de Cultura. O folclore galego protagonizará a xornada do sábado, 27 de decembro, co festival de Nadal que terá lugar no novo Auditorio Municipal, a partir das 19.00 horas. Alí haberá actuacións de pandeiretas, canto tradicional galego e baile social que chegan da man de As Silvalveiras de Corrubedo, As Garridiñas de Castiñeiras e Taller Alecrín. A entrada é gratuíta ata completar aforo e a apertura de portas será as 18.45 horas.

“En Ribeira temos un forte tecido asociativo que contribúe a dinamizar a vida social e cultural. Un perfecto exemplo disto é a Asociación
Amas de Casa que goza de gran vitalidade non só na oferta de alternativas de ocio para os nosos maiores, senón tamén de propostas coas que desfrutar toda cidadanía como é este festival que se enmarca na programación do Nadal Cultural. Dende a Concellería de Cultura seguiremos camiñando da man das nosas asociacións coa finalizade de establecer e nutrir sinerxías que beneficien ao conxunto da sociedade ribeirense. Unha evidencia é a parte importante que teñen os actos do tecido social na axenda deseñada para desfrutar desta época máxica do ano. E os festivais xa celebrados foron todo un éxito que seguro se dará tamén nos que están por vir”, en palabras da concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

Doutra banda, Puri Cores referiuse ao “compromiso cos veciños de Ribeira” por parte da entidade que preside, desenvolvendo numerosas actividades durante todo o ano.

Seguindo o espírito da solidariedade destas datas, o Club de Lectura da entidade organiza unha feira de libros usados a beneficio da Asociación de Cáncer Infantil e Xuvenil de Galicia (ASANOG). Será nos días 22 e 29 de decembro, en horario de 17.00 a 20.00 horas, na praza do Concello. O obxectivo é “dar unha segunda vida a libros usados a favor de ASANOG”, como manifestou a vicepresidenta, Juana Ermitas. A maiores, os Reis Magos farán unha parada no local de Amas de Casa no domingo, 4 de xaneiro, de 18.00 a 20.00 horas. Deste xeito, Melchor, Gaspar e Baltasar saudarán e repartirán doces entre a rapazada da entidade.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.