Aguiño acolleu o novo encontro de “Parroquias con Voz” onde o BNG puxo en valor os máis de 2 millóns de euros investidos na parroquia

19 Decembro 2025

O BNG celebrou unha nova reunión veciñal da xira Parroquias con Voz. Desta volta celebrouse en Aguiño este 17 de decembro, unha cita impulsada para manter “o directo coa veciñanza”. Trátase do cuarto encontro deste calendario participativo. A reunión permitiu repasar o traballo desenvolvido ao longo dos dous anos e medio nos que o BNG formou parte do goberno municipal de Ribeira, explicando os investimentos materializados como aqueles que quedaron preparados con recursos económicos para poder desenvolverse.

Na xuntanza participou o portavoz municipal do BNG e ex-alcalde, Luís Pérez Barral, xunto a concelleiras do grupo municipal e á responsábel local da formación. Durante a cita, a veciñanza solicitou que se continúe traballando en temas como a renovando das liñas de auga e saneamento, adopción de medidas de calmado de tráfico ou mellora do transporte público foron algunhas das cuestións nas que habería que actuar segundo opinión dos veciños e veciñas.

955.000 euros investidos servizos esenciais máis 1,8 millóns de fondos europeos

Proxectos xa realizados

Pavimentación da rúa Francisco Lorenzo Mariño 135.000€

Renovación da liña de abastecemento, saneamento e pavimentación da rúa Curbelo 91.000€

Pavimentacións das rúas Luís Seoane e Praia da Ribeira con 186.000€

Renovación da liña de auga potable na Cerca por 175.000€

Actuacións no campo da Tasca 52.000€ (cambio de luces a LED, cuberta e reparación tellado dos vestiarios)

Proxectos en execución

Construción da sede do club de remo 1.180.000€

Renovación do conservatorio de Aguiño 630.000€

Proxectos que se realizarán en 2026

Renovación parque infantil Aguiño 103.000€

Pavimentación Castelao 140.000€

Accesibilidade, renovación de servizos e pavimentado rúa Lagarto 70.000€

Ao longo da reunión tamén se fixo un percorrido polo conxunto de actuacións desenvolvidas na parroquia, cun volume de investimento que chega a 955.000 euros. A esta cantidade, sinalou o ex-rexedor, “cómpre sumarlle actuacións menores en mantemento, 630.000 euros da reforma do conservatorio e 1.180.000 euros da construción do club de remo cuxas obras comezaron no ano 2024”.

Pérez Barral avanzou ademais que “existen novos proxectos xa redactados e con financiamento asignado que permitirán seguir avanzando na mellora de Aguiño nos vindeiros meses”. Entre eles están “a renovación do parque da rúa Castelao cunha achega de 103.000 euros, renovación das liñas de auga, saneamento e pavimentación da rúa Lagarto por valor de 70.000 euros e pavimentación da rúa Castelao cun investimento de 140.000 euros”.

O portavoz do BNG contextualizou tamén o cambio abrupto no goberno municipal, lembrando que a súa saída como alcalde “produciuse nun momento no que o traballo realizado contaba cunha valoración positiva por parte da veciñanza”. Salientou que ” malia as dificultades económicas coas que se atoparon ao inicio do mandato, cunha débeda municipal de 13 millóns de euros, o BNG foi capaz de deixar encamiñadas actuacións clave para o futuro das parroquias, con proxectos definidos e partidas económicas para poder levalas adiante”.

Barral fixo fincapé tamén “na boa acollida que están a ter estes encontros, nos que se está a percibir unha confianza ampla no proxecto e na súa forma de gobernar”. Tal e como sinalou, a participación e as mensaxes trasladadas pola veciñanza “amosan que existe unha valoración positiva do traballo realizado e da vontade de seguir contando cunha política próxima e honesta”. Este respaldo, concluíu, “é unha fonte de motivación para continuar traballando xunto á xente e defendendo con firmeza as súas necesidades”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...