Afundación celebrou o Ano Castelao 2025 coa mostra itinerante “Castelao grafista”, que proseguirá a súa xira en 2026

29 Decembro 2025

Afundación, a Obra Social de Abanca, veu homenaxeando desde o ano 2020 o insigne intelectual e político rianxeiro coa mostra Castelao grafista, conformada por fondos procedentes das coleccións Abanca e Afundación e impulsada pola Fundación Torrente Ballester. Un total de 35 municipios de toda Galicia desde os seus comezos, e nove localidades no Ano Castelao, acolleron, ata o momento, unha exposición que visitaron máis de 25.500 persoas e que, ao longo de 2026 e 2027, seguirá viaxando pola xeografía galega grazas á continuidade do acordo entre Afundación e a Fundación Torrente Ballester.

Como complemento a esta mostra, e co obxectivo de promover a educación e o coñecemento a través da cultura, a Obra Social de Abanca desenvolveu un exhaustivo e atractivo programa didáctico deseñado para o alumnado a partir de 4.º de primaria asentado en dúas partes: unha visita comentada e unha proposta artística e de STEAM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemática) no obradoiro.

Enmarcada tamén na iniciativa Cultura por alimentos que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais, a entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar esta exposición.

Castelao grafista (facsímile)

A mostra, que conta con pezas procedentes das coleccións de arte de Abanca e Afundación, componse dunha escolma rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración. O seu interese pola palabra e pola imaxe consolidouse nas colaboracións que, a partir de 1924, empezou a publicar en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Gallega, nas que a ilustración e o texto reflicten a ácida crítica dun Castelao cada vez máis comprometido.

Esta forma de arte e denuncia acabaría articulando obras tan relevantes como Cousas da vida (1930) e os álbumes de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938).

No ano 1945, tras case unha década vivindo no exilio, Castelao rematou o que sería considerado como o seu testamento pictórico, A derradeira leición do mestre, unha tea na que se retoma unha ilustración de guerra elaborada en 1937. Nela, Castelao funde ilustración e pintura en homenaxe ás mestras e mestres asasinados tras o golpe de Estado de 1936.

A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación e debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que pertencen á Colección de Arte Abanca. Ademais, poderanse ver retratos fotográficos, caricaturas, debuxos e portadas de revistas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.