A rapazada encárgase de traer o sabor do Nadal nun obradoiro de galletas en Boiro

30 Decembro 2025

Un total de 35 nenos e nenas participaron este luns 29 de decembro nun obradoiro infantil gratuíto de repostería do Nadal celebrado en Gastrolab Arousa, unha actividade que espertou, en palabras da organización, un notábel interese entre o público infantil e que obrigou a ampliar o aforo inicialmente previsto.

Nenos e nenas de entre 3 e 12 anos tomaron parte activa na elaboración de bolachas do Nadal, baixo a supervisión do cociñeiro Miguel Mosteiro. A elevada demanda rexistrada levou á organización para ampliar o número de prazas, inicialmente fixado en 25, ata un total de 35 participantes. Unha vez alcanzado este aforo, comunicouse a través de redes sociais o peche das inscricións, co obxectivo de manter unha atención personalizada e un seguimento próximo de cada neno e nena durante a actividade.

Durante a sesión, celebrada de 5 a 7 da tarde, os participantes traballaron a masa, cortaron as galletas e adobiáronas ao seu gusto, convertendo a repostería do Nadal nunha experiencia práctica e lúdica. Parte das elaboracións degustáronse no propio obradoiro e, ao finalizar, todos os pequenos puideron levarse a casa un prato con algunhas das súas creacións.

A actividade creativa e participativa contou ademais coa visita do Paxe Real da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), que repartiu ilusión e detalles doces entre os participantes, reforzando o ambiente festivo propio destas datas.

Este taller infantil formou parte da programación especial organizada con motivo do 5º aniversario de Gastrolab Arousa, que inclúe obradoiros de balde tanto para público infantil como adulto, así como premios e descontos. O premio principal desta celebración sortearase o próximo 20 de xaneiro, data na que se entregará unha cesta regalo valorada en 1000 euros. As participacións poden obterse ata ese mesmo día en Gastrolab Arousa por compras superiores a 10 euros.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.