A RAG homenaxea a Castelao incluíndo a voz “retrinco” entre as candidatas a Palabra do Ano 2025

03 Decembro 2025

A RAG comunicou que xa foron elixidas as seis voces que optan a converterse en Palabra do Ano 2025. Trátase de desfeita, “foliada”, “loia”, “lume”, “retrinco” e “xenocidio”. Trala fase de recolla de suxestións entre o público, a Real Academia Galega e a Fundación Barrié abriu este mércores 3 a través do Portal das Palabras, a votación telemática popular que decidirá cal é a gañadora. Todas as persoas que desexen participar nesta iniciativa poderán facelo ata o domingo 21 de decembro ás 23:59 horas.

Para a RAG, “os vocábulos finalistas representan dalgún xeito distintos asuntos que marcaron a actualidade dos últimos meses, tanto a nivel local como global; e reflicten a inquedanza social ante a crecente vulneración dos dereitos humanos ou a ameaza dos grandes incendios forestais, mais parte deles tamén lles dan cabida ás necesarias esperanza e alegría”.

Entre as palabras finalistas atópase unha que se encadra nas celebracións do Ano Castelao, que conmemoran o 75 cabodano do ilustre rianxeiro: retrinco, un termo que o autor empregou en plural para titular o libro de relatos que publicou por primeira vez en 1934. O Dicionario da RAG defínea como “cada un dos anacos que sobran dunha cousa despois de cortala, en especial dunha tea cando se vai confeccionar unha peza de roupa” e tamén como “espazo moi breve de tempo”. Pero na era dos reels e clips, retrinco ben podería emerxer ademais como unha alternativa propia para nomear os triscos de realidade, verdadeira ou ficticia, que captan a nosa atención a través das pantallas, explica a RAG.

Do Portal das Palabras ao Ximnasio Léxico

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié colaboran en distintos proxectos para o estudo e a divulgación do léxico da lingua galega. A aplicación de xogos do Dicionario, o Ximnasio Léxico, dispoñible para dispositivos Android e iOS, é unha das últimas propostas, que se suma aos contidos que ofrecen a través do Portal das Palabras. Esta web ofrece cada semana xogos e outros contidos que conectan o idioma coa realidade cotiá e a actualidade dun xeito ameno. A palabra do día é outra das seccións deste espazo aberto ao diálogo coas persoas usuarias.

O Portal das Palabras convida ademais todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano desde 2014. Nas edicións anteriores resultaron gañadoras cantareira (2024), cibercarracho (2023), comadre (2022), tanxugueiras (2021), nós (2020), sentidiño (2019), deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.