A Pobra dará a benvida ao 2026 cunha Festa de Aninovo con música, badaladas, animación e discoteca

22 Decembro 2025

A Pobra despedirá o ano e daralle a benvida ao 2026 por todo o alto. As Concellerías de Cultura e Mocidade volverán sumar esforzos para ofrecer un programa completo de actividades no que haberá badaladas, animación, discoteca móbil e cotillón. Os edís das áreas, Patricia Lojo e Eloy Sobrido, presentaron esta mañá a programación coa que se busca “que os veciños e veciñas conten cunha oferta de lecer para despedir o ano na Pobra, sen necesidade de ter que desprazarse”.

O programa arrincará o mércores, 31 de decembro, ás 11.30 horas diante do Concello. Nese momento, levarase a cabo a entrega de uvas e cotillón ao público asistente e, ás 11.45 horas, terán lugar as prebadaladas a cargo de Mariló Ríos, da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas.

Ademais de formar parte da entidade, esta veciña da Pobra é cantareira e ten unha gran destreza en disciplinas artísticas como o baile, o teatro e a poesía. Ás 12.00 horas terán lugar as badaladas e, ás 12.15 horas, haberá unha animación polas rúas do municipio a cargo de Festicultores Troupe.

A cita non concluirá aí, senón que se reanudará á 1.00 horas do xoves, 1 de xaneiro, na praza Alcalde Segundo Durán cunha festa de fin de ano con discoteca móbil e cotillón.

Os concelleiros sinalan que a Festa de Aninovo é “xa unha actividade consolidada na programación anual”, polo que confían cifras de asistencia similares ás das edicións anteriores.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.