A Piscina Municipal do Son foi este sábado unha gran festa deportiva… e solidaria

01 Decembro 2025

Este sábado 29 de novembro culminou en Porto do Son a III Campaña de Recollida Solidaria, unha iniciativa que tiña o obxectivo de apoiar o labor da Cruz Vermella de Noia e fomentar a participación cidadá a través da actividade física. Foi unha actividade solidaria e deportiva a través da cal a veciñanza puido colaborar entregando produtos de hixiene, aseo e limpeza na recepción da Piscina Municipal de Porto do Son (todo o material recollido será destinado ás familias máis necesitadas da comarca).

Como dixemos, o colofón da campaña celebrouse este 29 de novembro a partir das 17:00 horas, e a cita incluíu a tradicional competición de natación solidaria, na que equipos masculinos, femininos e mixtos (desde a categoría infantil ata máster) deberon completar 10.000 metros. A proba, coñecida como 100×100 Solidario, converteu a piscina municipal no epicentro dunha xornada de deporte, convivencia e compromiso social.

Dende a Piscina Municipal, o Concello do Son e Cruz Vermella agradeceron infinitamente a participación da cidadanía e das e dos deportistas que se implicaron este 29 de novembro no 100×100, e tamén “aos amigos e ás amigas de Triatlón Inforhouse Santiago, Tríatlon Rianxo, Club Triatlon Compostela, Club Natación Ribeira, a Escola de Piragüismo e Tríatlon de Outes e por suposto ás e aos integrantes do club local do CD Piscina Municipal de Porto do Son”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.