A Mancomunidade Serra do Barbanza incorpórase oficialmente ao modelo SOGAMA

30 Decembro 2025

A Consellería de Medio Ambiente formalizou este martes 30 de decembro un acordo coa Mancomunidade Serra do Barbanza que certifica a incorporación desta entidade supramunicipal ao modelo da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), un acordo que foi rubricado en Santiago e que, en palabras da Xunta, “permitirá garantir a xestión sostíbel dos seus residuos conforme á lexislación vixente”.

Así o destacou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que presidiu o acto de adhesión da entidade supramunicipal a SOGAMA asinado entre o presidente da empresa pública, Javier Domínguez, e o da mancomunidade, Pablo Lago.

Así, a partir deste xoves, 1 de xaneiro, os residuos recollidos por Serra do Barbanza —que actualmente se encarga do lixo doméstico de nove concellos (Ames, Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son e Rois) nos que viven 87.097 habitantes— serán xestionados por SOGAMA, tal e como se recolle no documento asinado e que terá unha vixencia inicial de cinco anos, aínda que prorrogábeis.

A mancomunidade poderá utilizar as diferentes instalacións da empresa pública para entregar e tratar os seus refugallos, como, por exemplo, as plantas de transferencia que dan servizo a SOGAMA (as de Santiago, Boiro ou Cee son as máis próximas). En todo caso, Serra do Barbanza terá que adaptar antes o seu sistema de contenerización e recollida á normativa europea para poder depositar de forma separada diferentes fraccións de lixo.

Pola súa parte, SOGAMA comprométese a colaborar nas campañas de información, formación e concienciación que o Barbanza deberá levar a cabo para instruír á veciñanza na correcta separación de residuos en orixe e o seu posterior depósito no contedor correspondente a fin de garantir o seu posterior reciclado.

A Consellería lembrou que o modelo do Barbanza no que se apoiaba a mancomunidade e os concellos aos que esta presta servizo naceu como alternativa ao impulsado pola Xunta no complexo medioambiental de Cerceda, ao que agora acaba de adscribirse “logo de que o vertedoiro de Sobrado dos Monxes onde estaba remitindo os seus rexeitamentos tras a colmatación do vaso de vertido da planta de Lousame, esgotase a súa vida útil e teña que ser selado e clausurado”.

Neste sentido e tras atribuír a adhesión a “meses de traballo arduo” entre a Mancomunidade Serra do Barbanza e SOGAMA, Ángeles Vázquez destacou “a transcendencia do acordo finalmente acadado xa que o seu fin último é dar o mellor servizo á cidadanía que reside nesta zona e axudar a resolver unha situación que arrastraba desde facía anos” a entidade supramunicipal”.

A conselleira destacou “o esforzo continuado realizado pola Xunta por impulsar melloras continuas na planta de Cerceda así como para renovar e ampliar as diferentes instalacións nas que se apoia para ofrecer o seu servizo”. En concreto, salientou “as obras de ampliación efectuadas no complexo medioambiental en 2019, cun investimento de 31 millóns de euros e que permitiron ampliar a súa capacidade de tratamento nun 81%, pasando de 550.000 a 1 millón de toneladas anuais de lixo”.

A conselleira lembrou que actualmente nas instalacións de Cerceda “se xestionan 800.000 toneladas de residuos anuais, dando servizo a 295 concellos que suman 2,24 millóns de habitantes (o 83% da poboación galega)” e salientou que “en caso de adherirse os nove concellos do modelo Barbanza, pasaría a recoller 32.000 toneladas adicionais e daría servizo ao 97% das entidades locais de toda Galicia e a máis de 2,3 millóns de persoas”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.