O cinema documental reivindícase como ferramenta para combater a crise climática na VIII Mostra Mares da Fin do Mundo, en Rianxo

10 Decembro 2025

O Auditorio Municipal de Rianxo acolleu este mércores 10 de decembro a cerimonia inaugural da VIII edición da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, que se celebrará na localidade entre o 10 e o 14 de decembro.

A deputada de Lingua, Sol Agra, asistiu ao acto de apertura, salientando que o festival continúa a consolidarse como unha “cita de referencia” para o documental contemporáneo e para a difusión da cultura vinculada ao mar.

Durante a súa intervención, Agra referiuse á traxectoria da mostra como unha travesía que foi afrontando etapas diversas até chegar a Rianxo, e evocou as dificultades superadas ao sinalar que a organización “sempre lle puxo a proa ás dificultades e seguiu navegando”. Destacou que o certame reúne obras arredor das persoas “que viven do e para o mar”, xunto con actividades paralelas que achegan coñecemento especializado e participación da mocidade.

A VIII Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo está organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo e patrocinada pola Deputación da Coruña, o Concello de Rianxo e a Xunta de Galicia. Trátase dun evento comprometido co medio mariño e o sector
pesqueiro, que procura xerar conciencia sobre a necesidade de coidar o mar coma un dos recursos naturais máis valiosos que temos. A Mostra MDFDM é asinante do Pacto Cultura Sustentábel, en liña coa Axenda 2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS).

Durante o acto inaugural tamén tomaron a palabra Marcos Gallego (director da Mostra) e Purificación Galán Boutureira (coordinadora provincial de
equipos de dinamización lingüística), quen salientou o apoio que a Secretaría Xeral da Lingua vén prestando á Mostra ao longo dos últimos catro anos pola súa aposta polo galego como lingua vehicular, subtitulando ademais todos os filmes á lingua galega.

Logo da intervención de Sol Agra interveu Olalla Figueira Castaño (concelleira do Mar de Rianxo) mostrando o orgullo que representa para o Concello de Rianxo acoller un evento coma a Mostra MDFDM e desexando que esta presencia teña continuidade en futuras edicións.

Deseguido, proxectouse o filme inaugural desta VIII edición de Mares da Fin do Mundo: As the Tide Comes In, de Juan Palacios e Sofie Husum Johannesen (Dinamarca, 2023). Enmarcado na primeira sesión da sección Proa, na que se programan filmes e cineastas que traballan na vangarda do cinema da realidade, este filme achegounos á realidade da illa danesa de Mando, no mar de Wadden. Os seus 27 habitantes atópanse nunha situación delicada ante os efectos que o cambio climático ten no seu territorio e no seu estilo de vida. Os cada vez máis frecuentes fenómenos meteorolóxicos extremos e o incremento do risco de inundacións poñen en perigo a súa identidade, á que se aferran teimosamente ao igual que fixeron as xeracións anteriores.

Nos vindeiros días proxectaranse un total de trinta e cinco obras que representan a dezaseis nacionalidades distintas e múltiples inguas (con subtítulos en galego), permitindo achegar aos espectadores á realidade de diversas zonas costeiras da xeografía mundial. Ademais do cinema, as persoas interesadas poderán asistir a diversas actividades paralelas como son o roteiro divulgativo Achegamento ao marisqueo a pé, da man da Agrupación de Mariscadoras a pé da Confraría Virxe do Carme de Rianxo, que se celebrará o venres pola mañá. O sábado pola tarde, o Pazo do Martelo acollerá o espazo de debate Mares de Madeira, no que se celebrarán dúas mesas redondas que abordarán temáticas vinculadas á nosa tradición mariñeira. A mañá do domingo comezará coa tradicional Mesa da Pesca Sostíbel, que baixo o título 100 anos xuntos polo mar poñerá o foco no traballo das confrarías de pescadores coincidindo co século de vida destas agrupacións. A continuación, será quenda da performance poética e audiovisual Nao Cetácea, a resistencia mariñeira, de Xosé Iglesias, unha poesía visual en directo que porá en valor o mundo mariñeiro.

Pechará a mañá a última das actividades paralelas desta VIII edición: a presentación de O cineísta andariego: a propósito de Bernardino de Lamas, de Manolo González.

MDFDM 2025 rematará o domingo coa entrega dos trofeos desta VIII edición. Os trofeos oficiais da Mostra serán os “Faros”, deseñados e elaborados pola Asociación Pro Saúde Mental A Creba, que representa o proxector cinematográfico, que co seu feixe de luz amosa novos mundos a través das imaxes. O Xurado Oficial, composto por Manolo González, Laura Doval e Adrián Canoura, será o encargado de outorgar o Premio á Mellor Película.

Pola súa banda, o público será o encargado de decidir o Premio do Público e Premio do Público á Mellor Película Galega mediante votación.

A Mostra Internacional de Cinema Documental MARES DA FIN DO MUNDO está organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, coa colaboración na dirección e produción de ABA Films e o apoio, entre outros, da Deputación da Coruña, a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello de Rianxo. Así mesmo, MDFDM forma parte de Proxecta (Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, integrada na federación estatal Pantalla).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.