A Deputación da Coruña publica as bases das Residencias Artísticas de Mariñán e do certame ‘Quero Cantar’ para 2026

12 Decembro 2025

A Deputación da Coruña publicou esta semana no Boletín Oficial da Provincia as bases de dous novos programas culturais correspondentes ao exercicio 2026: a novena edición do Premio Quero Cantar de música infantil e xuvenil e as Residencias Artísticas Mariñán. Estes anuncios dan continuidade ao calendario de convocatorias iniciado a pasada semana, cando viron luz no BOP as bases das edicións 2026 dos premios Luis Seoane de deseño, Luís Ksado de creación fotográfica e Jesús Núñez de arte gráfica.

O Premio Quero Cantar chega en 2026 á súa novena edición como unha das principais ferramentas da Deputación para fomentar o uso da lingua galega e a creatividade musical e poética entre a mocidade. A convocatoria establece dúas categorías, infantil e xuvenil, dirixidas a solistas ou grupos de até doce compoñentes que presenten unha canción orixinal e inédita en galego, con letra e música da propia rapazada. As maquetas poderán presentarse desde as 08.00 horas do 1 de xaneiro de 2026 ata as 14.00 horas do 25 de marzo a través da plataforma SUBTEL.

A dotación inclúe a gravación profesional das obras, videoclips, material musical e produtos culturais en galego, cun importe que chega a 1.500 euros para os primeiros clasificados, e incorpora tamén un programa formativo específico para a proposta vencedora na categoría xuvenil. Tras unha primeira fase de valoración técnica, os proxectos finalistas interpretarán as súas cancións nunha gala no Teatro Colón da Coruña, onde un xurado integrado por alumnado de primaria e ESO decidirá o palmarés.

Pola súa banda, as Residencias Artísticas Mariñán 2026 reforzan a aposta da institución provincial polos procesos creativos, seleccionando dezaseis proxectos que desenvolverán estadías de traballo no Pazo de Mariñán dentro das áreas de música, literatura e pensamento, e creación de contidos socioculturais en redes sociais. A convocatoria diríxese a persoas maiores de 18 anos con residencia na Galiza e cun compromiso claro coa lingua galega como vehículo de creación e comunicación. O programa procura favorecer a profesionalización, promover a innovación e establecer pontes con outros axentes culturais, ao tempo que garante espazos de acompañamento, formación e intercambio.

As residencias desenvolveranse entre o 13 e o 24 de abril e inclúen aloxamento, espazos de traballo e seguimento especializado. No caso das modalidades de música e de redes sociais, prevese ademais unha dotación para cubrir necesidades técnicas da creación. As solicitudes deberán presentarse telematicamente a través da plataforma SUBTEL entre as 08.00 horas do 1 de xaneiro de 2026 e as 14.00 horas do 16 de febreiro.

Estas convocatorias consolidan a liña de apoio sostido da Deputación da Coruña á creación artística, literaria, musical e dixital, cun enfoque centrado na profesionalización, na innovación e na promoción da lingua galega en todas as etapas do proceso creativo.

Bases do Premio Quero Cantar (BOP)

Bases das Residencias Artísticas de Mariñán (BOP)

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...