A compañía Ditea leva tres micropezas de teatro ao Coliseo Noela, o vindeiro 14 de decembro

08 Decembro 2025

O Concello de Noia informa da representación, o vindeiro domingo 14 de decembro ás 19:00 h, da proposta escénica Microditea da compañía Teatro de Cámara Ditea, no Teatro Coliseo Noela. Trátase dun espectáculo composto por tres micropezas e recomendado para maiores de 14 anos.

A función contará coa participación do actor noiés Jerry Noia, que forma parte do elenco da obra xunto con outras intérpretes da compañía.

O prezo da entrada é de 3 € máis gastos de xestión e pódese adquirir de xeito anticipado na plataforma Ataquilla, a través da ligazón habilitada así como na billeteira do Coliseo o propio día da función ata completar aforo.

Ditea (Difusión de Teatro Afeccionado) é unha asociación de teatro de cámara fundada en Santiago de Compostela en 1960.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.