A Catedral de Santiago habilita un servizo de tradución simultánea desenvolvido grazas á IA

04 Decembro 2025

A Catedral de Santiago está a habilitar un servizo de tradución simultánea, dirixido ao fieis e visitantes estranxeiros que participan nas diferentes Misas do Peregrino que se celebran. Este servizo consiste nunha aplicación de teléfono móbil que, apoiándose na intelixencia artificial, vai traducindo en tempo real todo o contido da misa celebrada no altar maior, sen interferir no acto nin alterar a solemnidade da contorna. Grazas a esta app, pódese seguir a misa con tradución dixital, en texto e audio.

Este servizo xa funciona desde unha aplicación gratuíta, dispoñíbel en App Store e Google Play, e ofrece dous modos de uso, un en modo lectura, co texto traducido en pantalla (modo claro ou escuro), e outro en modo audio, con voz natural. Só require un móbil e uns auriculares comúns, sen instalacións adicionais.

Dende a Catedral explican que o sistema “actúa cun algoritmo propio de compresión e sincronización intelixente, que analiza os silencios naturais da fala e adáptaos automaticamente, de maneira que se poida reducir a latencia das traducións, facendo que cheguen case ao mesmo ritmo que a voz orixinal e aumentar a fluidez e naturalidade dos discursos traducidos”.

Amais, está deseñada para manter a estabilidade das conexións, mesmo con centos de usuarios simultáneos.

“Trátase, en definitiva, de dispoñer dunha ferramenta que unha linguas, culturas e persoas, nun espazo como a catedral compostelá, meta de peregrinación para xentes de todo o mundo”, engadiron dende a fundación do templo compostelán, apuntando que o resultado é “unha aplicación para axudar a superar barreiras lingüísticas e a abrir portas a todos os que chegan, sexan do país que sexan, sen que se perda a mensaxe espiritual nin o sentido de comunidade”.

Ademais, este servizo de tradución simultánea é accesíbel, de maneira que pode ser empregado polas persoas xordas, que poden seguir a liturxia escrita nos seus teléfonos móbiles.

A aplicación foi deseñada para ser utilizada en celebracións litúrxicas, aínda que pode ser empregada tamén noutros actos, como charlas pastorais, catequeses, conferencias, actos institucionais.

“Este proxecto responde a unha demanda habitual na catedral, na que, cada día, peregrinos ou visitantes doutros países, ou persoas con problemas auditivos, acoden con devoción a actos litúrxicos, conferencias ou visitas, pero non comprenden o que se está dicindo, limitando a súa participación e experiencia espiritual”, sinalou a fundación.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.