A alcaldesa de Ribeira e o concelleiro de Deportes reúnense co deportista Froilán Fernández para coñecer de primeira man o seu traballo

23 Decembro 2025

O deportista Froilán Fernández foi recibido este martes 23 de decembro pola alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e polo concelleiro de Deportes, Álex Vidal, nunha reunión co obxectivo de coñecer máis polo miúdo sobre unha disciplina menos coñecida como é o trial. Durante o encontro, os representantes municipais destacaron a súa “frutífera traxectoria e a futura promesa que é para o trial”. De feito, aproveitaron a ocasión para felicitalo polo seu recente triunfo no campionato galego de trial celebrado en Arteixo, quedando terceiro na proba, se ben a suma dos puntos deulle a vitoria.

“Temos unha potente canteira de deportistas no noso municipio. Vela, taekwondo, patinaxe, kenpo… Non hai ningunha disciplina que se resista ao talento dos nosos veciños. Son moitas as alegrías que recibimos nas últimas semanas en campionatos de diferentes proxeccións e, unha destas boas novas, chegou da man de Froilán Fernández co seu resultado no campionato galego de trial”, en palabras da rexedora.

Tamén aplaudir os seus logros o edil, para quen “Ribeira ten unha forte vitalidade a nivel deportivo. Isto constátase nas numerosas probas deportivas que se desenvolven na nosa localidade, no número de clubs que temos aquí e tamén nos resultados dos nosos veciños en diferentes competicións que nos fan sentir orgullosos”.

Así, Froilán levou consigo un diploma e agasallos para o recordo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.