O VIII Festiritititi, impulsado por Amicos co apoio principal de JEALSA, xunta mil persoas para celebrar a inclusividade

03 Decembro 2025

O festival da inclusión impulsado pola asociación da nosa comarca Amicos, o Festiritititi, chegou este mércores 3 de decembro á súa oitava edición, e fíxoo coa participación de máis de 1.000 persoas, entre escolares, equipo educativo e cidadanía da contorna. Ao evento asistiron a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o concelleiro de Política Social boirense, Raúl Treus, a directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo, e varios integrantes de gobernos locais e asociacións do Barbanza.

Esta edición do Festiritititi contou unha vez máis co financiamento do Grupo JEALSA a través do seu programa de responsabilidade social e ambiental We Sea, e da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, así como o patrocinio de Gadis, Veolia e MsDonald ́s Rías Baixas; e a colaboración de Grupo Nosa, Fesba, Boiresa, e Ángel Mar.

Grazas a este evento multitudinario e festivo, o Pavillón de Barraña de Boiro volveu encherse de música, alegría e xogos inclusivos nunha xornada que reuniu a centos de escolares e profesorado de centros educativos de Barbanza e bisbarra, acompañados por membros de Amicos, tanto persoas con discapacidade intelectual que acoden aos seus centros como profesionais do equipo.

A festa deu comezo ás 10.30 horas, coa chegada dos centros participantes procedentes de Boiro, Ribeira, e Noia, que foron recibidos polos condutores das actividades. A benvida oficial correu a cargo de Rosa Figueira, acompañada por Pilar Sampedro, responsábel da área de Persoas de Amicos.

O Festiritititi 2025 estivo composto por dez actividades de xogo inclusivo —como o verme tolo, debuxo estragado, pasa o aro ou escaleira ao arco da vella— ademais de obradoiros de creación de chaveiros, un scape room e o obradoiro Aqualogy, promovido por Veolia. Exceptuando esta última, todas as dinámicas foron conducidas por persoas con discapacidade intelectual de Amicos, que exerceron como auténticas protagonistas e líderes do día.

Asemade, distintos seres do mar xigantes e formados por globos presidiron o pavillón, mentres DJ Matrek poñía ritmo á festa. Os escolares tamén gozaron dunha animación especial para a entrada e a despedida.

Entre as autoridades presentes atopábanse Esther Vidal, presidenta de Amicos; a directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta, María Quintiana; a concelleira de Cultura de Boiro, María Outeiral; os concelleiros de Servizos Sociais de Ribeira e Padrón, Vicente Mariño e Mariló Saco,así como representantes de Cruz Vermella Boiro, asociación, colectivos da comarca e empresas colaboradoras.

Todos eles participaron no tradicional xogo central do festival, no que catro equipos tiveron que participar nunha dinámica de relevos entre alumnado, profesorado e representantes institucionais.

A presidenta de Amicos, Esther Vidal, subliñou que “hoxe celebramos algo máis que unha festa, celebramos a integración real das persoas con discapacidade. Os nenos e nenas ven que as persoas con discapacidade poden participar, liderar e ser felices, e iso constrúe sociedade e a integración”. Tamén agradeceu “o apoio de empresas, entidades e centros que fan posible este festival”.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura de Boiro, María Outeiral, destacou “o orgullo que supón para Boiro acoller unha cita que reúne a tantos colexios e máis de cento cincuenta persoas con discapacidade intelectual”, ademais de felicitar a Amicos “polo seu traballo continuo en favor da inclusión”.

A maiores, María Quintiana, directora xeral de Promoción da Igualdade, puxo o foco na importancia do labor das entidades: “Queremos agradecerlle á asociación Amicos todo o traballo que fan durante todo o ano, moi importante para o acompañamento e atención tanto das persoas con discapacidade como para as súas familias. Hoxe Amicos é un referente non só para a comarca barbanzá senón para toda Galicia, e no Día Internacional das Persoas con Discapacidade é vital dicir que hai que darlles visibilidade e mostrar todo o que queda por conseguir para acadar unha sociedade de plena inclusión”.

Pola súa banda Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA, principal entidade financiadora a través do seu programa We Sea, destacou que “cada ano medra a ilusión, a participación e o compromiso coa inclusión. Os máis de oito anos do Festiritititi implican a máis de setenta centros e preto de 6.000 nenos e nenas que levan consigo esta mensaxe de respecto e diversidade ás súas familias e á sociedade”.

Durante o acto tamén interveu Rosa, usuaria do Centro de Día de Amicos, que leu un manifesto no que reivindicou o papel das familias no apoio das persoas con discapacidade. A continuación, foi a quenda de Mariana, de Pekes de Amicos, que fixo fincapé no dereito a unha educación adaptada e inclusiva, tralo que tivo a palabra Marian, alumna-traballadora do FP Dual de Oficina Cognitiva de Amicos, que reivindicou a necesidade de máis oportunidades laborais e formativas para o deseño da vida independente e autónoma das persoas con discapacidade.

O encargado de pechar foi o manifesto do CPR Bayón, lido polo alumno de sexto David Justicia, no que se reivindicou que “o Festiritititi é un festival para xogar, compartir e sentirnos iguais, sen que as diferenzas nos separen. De cada persoa aprendemos algo valioso. A igualdade non é algo que se aprenda, é algo co que nacemos todas e todos”.

Con esta nova edición, o Festiritititi reafírmase como unha das grandes citas anuais da comarca, un espazo onde xogos, emocións e diversidade se unen para lembrar que a inclusión real constrúese cada día.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.