Xa se pode visitar en Rianxo a exposición “aMar” de Lorena do Merlo, encadrada na celebración da Mostra Mares da Fin do Mundo

25 Novembro 2025

A veciñanza de Rianxo e do Barbanza pode achegarse estes días a contemplar, no Auditorio Municipal rianxeiro, a exposición aMar, de Lorena do Merlo, unha actividade abeirada ao programa da Mostra de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo.

A mostra, que poderá verse até o 14 de decembro, foi inaugurada o pasado venres 21 de novembro por Natividade González Rodríguez (deputada de Cultura pola provincia da Coruña), o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e o presidente da Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, Marcos Gallego. A través dunha escolma de 40 imaxes, a autora rende unha homenaxe visual á dignidade do traballo no mar, á beleza dura da rutina e á forza da colectividade mariñeira.

Lorena do Merlo, fotógrafa de Boqueixón afincada no Barbanza (en Aguiera, Porto do Son), incluíu nesta exposición un conxunto moi destacado de imaxes en branco e negro e en cor, realizadas cunha cámara Canon Mark IV e unha Canon R6, que recollen con diferentes ópticas o mundo da pesca e o lado humano que hai detrás dos profesionais que protagonizan a actividade pesqueira do municipio.

Festival Mares da Fin do Mundo

Natividade González, Julián Bustelo e Marcos Gallego tamén presentaron o pasado venres 21 a oitava edición da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, que este ano celébrase en Rianxo logo do seu paso por Ribeira e, previamente, por Outes.

A Mostra celebrarase entre os días 10 e 14 de decembro no Concello de Rianxo. Un total de trinta e cinco filmes nacionais e internacionais repartiranse nas distintas seccións previstas nesta edición. Ademais, a programación complementaranse con actividades paralelas que se desenvolverán en diversas localizacións do municipio.

Quen precise máis información tena na páxina web da Mostra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.