Venres 28, chega unha fronte pouco activa con nubes e chuvias febles na comarca

27 Novembro 2025

Durante a xornada do venres 28, Santa Catalina e San Urbano, unha fronte pouco activa achegarase polo noroeste a Galicia, deixando os ceos cubertos con abundantes nubes na metade oeste da comunidade. A partir do mediodía, prevese chuvia feble na franxa atlántica, mentres que no interior e na metade leste os ceos alternarán entre nubes e claros.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, mantendo un ambiente suave para finais de novembro. Os ventos soprarán do suroeste, frouxos en xeral, aínda que con intensidade moderada no litoral.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 2 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á noite e 2.5 a 3.5 metros á tarde.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.