Veciño de Boiro condenado a dous anos de prisión por tentativa de homicidio en 2022

26 Novembro 2025

Os feitos xulgados ocorreron o 9 de xaneiro de 2022. O acusado e a vítima discutiron nun bar de Boiro e o culpable saíu e envioulle unha mensaxe ao irmán do afectado advertíndolle que ía matalo.

TVG

A Audiencia Provincial, sección sexta de Santiago, impuxo unha pena de dous anos de prisión —cunha suspensión de tres anos— ao home acusado de tentar matar outro en Boiro o 9 de xaneiro de 2022, tras alcanzarse un acordo de conformidade entre as partes que rebaixou de forma notable a solicitude inicial da Fiscalía.

Os feitos tiveron lugar nun bar da localidade, onde acusado e vítima iniciaron unha discusión. Tras saír do establecemento, o agresor enviou unha mensaxe ao irmán do afectado advertindo de que “ía matalo”. Pouco despois, ambos volveron coincidir no exterior e produciríase unha nova disputa.

Segundo o relato xudicial, o acusado colleu unha arma de aire comprimido modificada para disparar perdigóns e efectuou dous tiros contra a vítima, impactando nunha das pernas. As lesións foron de tal gravidade que o afectado permaneceu ingresado 30 días e tivo que someterse a seis intervencións cirúrxicas.

A Fiscalía cualificara inicialmente os feitos como un delito de homicidio en grao de tentativa e pedía oito anos de prisión, ademais dunha orde de afastamento de 50 metros durante dez anos e unha indemnización de 25.000 euros.

Co acordo alcanzado, explicado polo avogado da defensa, Diego Reboredo, a pena queda reducida a dous anos de prisión e a indemnización elévase ata os 35.000 euros. O tribunal acordou suspender a pena de cárcere durante un prazo de tres anos, sempre que o condenado non cometa outro delito, cumpra a orde de afastamento e complete o pagamento da indemnización —da que xa abonou 20.000 euros—.

Sobre a rebaixa da condena aplicáronse as atenuantes de confesión, reparación do dano e actuación baixo os efectos das drogas.

O acusado deberá ademais respectar unha orde de afastamento de 100 metros da vítima e ten prohibido comunicarse con ela durante os próximos sete anos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...