Uns 160 escolares de Ribeira visitan o patrulleiro “Tabarca” durante a súa escala no porto de Santa Uxía

28 Novembro 2025


O patrulleiro Tabarca (P-28), da Armada, fixo escala no porto de Ribeira, onde ficará ata a tarde do sábado 29. Durante a xornada deste venres 28, uns 160 escolares de Ribeira achegáronse para coñecer o buque da man da súa tripulación durante a patrulla de vixilancia e seguridade que se está facendo en augas do litoral galego nestes últimos días do mes de novembro. Alumnado dos colexios de Frións, Artes e Sagrado Corazón de Jesús estiveron no día de hoxe.

Ata alí tamén se achegaron o primeiro tenente de alcalde, Vicente Mariño; a concelleira de Educación, Nucha Brión; e o edil de Mar, Fernando Abraldes, para coñecer o navío e o labor que realiza guiados polo comandante José Enrique Delgado Gómez.

Dita estadía enmárcase na serie de paradas que realiza o navío polos portos para posibilitar á cidadanía facer un percorrido polo mesmo e coñecer o equipamento e capacidades, ademais da súa dotación e forma de vida a bordo.

O patrulleiro pode continuar visitándose durante a tarde deste venres 28, de 16.00 a 18.00 horas, e no sábado 29, de 10.00 a 13.00 horas.

Vixilancia e seguridade marítima

A súa misión é a de efectuar vixilancia marítima con presencia naval e control dos espazos marítimos de interese nacional, ademais de velar
polo patrimonio subacuático e colaborar no adestramento dos alumnos da Escola Naval Militar, en Marín, onde ten a súa base.

O Tabarca é o oitavo buque dunha serie de dez unidades da Clase Anaga, dos cales permanecen en servizo tres. Cada un leva o nome dunha illa da costa española e este toma a súa nomenclatura dunha pequena illa de Santa Pola. Este patrulleiro botouse no 23 de decembro de 1980 e entregouse á
Armada no 31 de decembro de 1981; adscrito ao Mando das Unidades da Forza de Acción Marítima de Ferrol (MARFER).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.