Unha vintena de obras expóñense en Ribeira ao abeiro do XIX Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica

28 Novembro 2025

Unha escolma de 23 de obras conforman a mostra correspondente co XIX Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica 2024 promovida pola Deputación da Coruña e que chega no seu itinerario ao Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Durante a apertura, a concelleira de Cultura, Ana Barreiro, destacou que “Ribeira goza dun forte dinamismo cultural e, proba disto, son os eventos que tivemos coa arte, o teatro ou a literatura nas últimas semanas”.

A dita mostra atópase integrada por creacións procedentes de diferentes disciplinas técnicas escollidas polo xurado do dito certame anual. Entre as pezas exhibidas atópase a gañadora desta edición: a serigrafía A la deriva II, de José Andrés Santiago. Tamén se pode contemplar a mención de honra Nevado II, de Miriam Canera Arranz.

A gañadora está integrada por un conxunto de pequenas pezas de papel washi xaponés, serigrafadas a man con tinta branca, onde se poden observar diferentes fragmentos do plano da cidade xaponesa de Kyoto. Estes trazos e a cor elixida outórganlle á peza moito movemento con sutileza.

Esta obra pertence á serie My Kyoto privado resultado da estadía posdoutoral do artista na Kyoto Seika University entre 2014 e 2016, que lle permitiu continuar co seu labor investigador no ámbito dos estudos de manga e anime. Esta experiencia de vagar pola urbe tivo como froito o conxunto de serigrafías.

“Convidámolos, polo tanto, a aventurarse nesta viaxe por Kyoto a través da tinta e do papel, ademais de coñecer outros artistas e a súa mirada creativa, aproveitando esta excelente oportunidade de achegarnos á estampa contemporánea”, rematou a edil.

A sala pódese visitar ata o 13 de decembro, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, ademais dos sábados, desde as 10.00 ata as 14.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.