ULA Libraría Social acolle esta semana un recital de Fran Alonso e un obradoiro de fotografía estenopeica

10 Novembro 2025

A Libraría Social ULA, con sede na Serra de Outes (na rúa da Capela) vai dar acollida esta semana a dúas interesantes actividades creativas e culturais. O venres 14 de novembro recalará na ULA o escritor galego Fran Alonso, autor de Males de cabeza (entre outras xoias da nosa literatura), a partir das 19.00 horas. Alonso ofrecerá ao público de Outes un recital poético e audiovisual baixo o título Véndoche un poema, que é tamén o título da máis recente creación literaria de Alonso: un libro transgresor que dispara poemas á diana da comunicación máis poderosa do noso tempo: a publicidade.

Ademais, ULA albergará a fin de semana un obradoiro de fotografía estenopeica, un convite aos asistentes a construíren a súa propia cámara e facer as súas primeiras fotos estenopeicas. Será unha cita para todos os públicos, impartida por Eutropio Rordríguez. Desenvolverase o sábado 15 e o domingo 16 de novembro e terá 9,5 horas de duración. Levarase a cabo o sábado de mañá e de tarde e domingo pola mañá.

Máis información en info@ulalibrariasocial.com.

Para quen non o saiba, a fotografía estenopeica é a técnica mediante a cal obtéñense fotografías e negativos sen practicamente nada de equipo. Realízase cunha cámara estenopeica, unha das cámaras fotográficas máis sinxelas, dotada de película fotográfica e unha lámina dotada dun buraco do grosor dunha agulla. A este buraco denomínaselle “estenopo” e dá nome á técnica.

.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.