UCIN Boiro critica o estado no que se atopan os campos de fútbol do termo municipal e di que “estes provocan lesións aos xogadores”

18 Novembro 2025

Miguel Piqueras, coordinador do grupo local Unión de Cidadáns Independentes (UCIN), emitiu un comunicado no que critica a situación das instalacións deportivas do municipio, que, segundo di, “levan anos sen mantemento axeitado”.

E engade: “Os campos, e especialmente Vista Alegre, presentan céspede levantado, fochancas e superficies duras que están a provocar lesións continuas e graves entre xogadores de todas as idades, incluíndo máis de 400 nenos da escola de fútbol que utilizan a diario estas instalacións, así como equipos de veteranos e outros clubs locais”.

E apunta: “O estado do campo é indigno dun municipio como Boiro. Levamos anos advertindo do perigo e agora os xogadores están a mancarse gravemente mentres o Goberno local permanece inactivo”.

O coordinador critica ao Concello por, apunta, “promocionar novos campos mentres os existentes caen a pedazos. Para eles o deporte non é unha prioridade, senón un escaparate propagandístico”.

O coordinador do grupo local esixe “acción inmediata e responsabilidades políticas claras”, e engade que “resulta fundamental a renovación completa do céspede de Vista Alegre, a revisión e posta a piques de todas as instalacións deportivas do municipio, a implantación dun plan de mantemento permanente e supervisado, e a asunción de responsabilidades políticas polo deixamento acumulado durante anos”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.