Todo listo para o comezo en Boiro, este venres, da xornada agroalimentaria Agro 360º

13 Novembro 2025

Este venres 14 de novembro vaise inaugurar no Centro de Formación, Innovación e Emprendemento Lab Barbanza (Parque Empresarial de Espiñeira, Boiro) a xornada Agro 360º sobre o Sector Agroalimentario Galego, unha proposta impulsada polas empresas aloxadas no coworking Lab Barbanza composta de tres mesas redondas sobre adaptación, sostibilidade e emprendemento no sector agroalimentario galego. A inauguración celebrarase ás 11.00 horas e contará coa presenza do alcalde, José Ramón Romero.

Trátase dunha xornada sobre adaptación, sostibilidade e emprendemento no sector agoralimentario galego.

O Concello explicou que a xornada vai constar de mesas de debate especializadas, tres espazos de diálogo con persoas expertas da cadea de valor agroalimentaria e tamén contará cun espazo de traballo en rede (networking), unha oportunidade para establecer contactos e intercambiar experiencias.

A primeira das mesas redondas será sobre sustentabilidade ambiental e cambio climático e nela falarase dos marcos legais que actualmente poñen dirección no sector, tanto na temática de sostibilidade como de adaptación ao cambio climático.

Contará coa participación de José Ramón Vázquez; vicepresidente de Viratec, Jacobo Feijoo; responsábel de medio ambiente e cambio climático de Unións Agrarias; Higinio Mougán, director-xerente AGACA; e Pablo Condo, enxeñeiro técnico agrícola e responsable de AGROTECH en Sinerxia Consultores.

A segunda mesa será de innovación e empresa e, con exemplos reais, falarase de proxectos e iniciativas que xorden do propio sector e que poden ser de inspiración e exemplo de boas prácticas. Participan nesta mesa Paula Souto; directora de I+D de JEALSA; Ángela Yusta, responsable de I+D en Paco y Lola; Javier Caneda, responsábel de produción vexetal en Del Agro; e José iglesias, co-fundador e director executivo (CEO) de Stelviotech.

A terceira das mesas será sobre emprendemento e novos modelos de negocio cunha presentación de proxectos inspiradores que se están abrindo camiño entre a sostibilidade e a resiliencia. Nesta mesa van participar Elena Vitoria, CEO de Salmoira; Rosa Arcos, secretaria xeral de FADEMUR; Deborah Franco, fundadora de Monet Tecnología e Innovación; e Maruxa Carmiña, co-fundadoras de Canumi.

A xornada está dirixida a persoas emprendedoras, profesionais do agro e persoal investigador, aínda que a entrada é libre.

Esta xornada conta co financiamento da Deputación da Coruña mediante as subvencións para financiar gastos de dinamización do espazo de traballo colaborativo Lab Barbanza, pertencente á Rede de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.