Sábado 15, seguen as choivas mais intensas nas rías baixas e comarcas do oeste

14 Novembro 2025

Este sábado 15, San Alberte, continuaremos cunha xornada marcada pola inestabilidade atmosférica da borrasca Claudia.

Agárdanse ceos maioritariamente nubrados e precipitacións, que serán máis probables e intensas na metade sur e oeste, onde poderán ir acompañadas de treboadas. Pola contra, na metade norte abriranse claros ao longo do día.

As temperaturas manteranse sen cambios significativos, mentres que o vento soprará de compoñente sur, moderado en xeral, con refachos fortes no litoral atlántico.

meteogalicia
Precipitacións pola mañá do sábado 15. Zoom Earth

O domingo teremos ceos nubrados en xeral e con chuvias máis activas ao oeste onde poden ser localmente fortes e puntualmente tormentosas. A última hora da tarde pouco a pouco empezan.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á noite e do sur á tarde, forza 5 a 7 á mañá, 4 a 5 á tarde e 4 a 6 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.