Rois conmemora o 25N cun acto institucional e múltiples accións de sensibilización contra a violencia machista

30 Novembro 2025

O acto institucional incluíu o prendido de candeas e un minuto de silencio polas mulleres asasinadas este ano en España. A obra ‘Sen lingua’ convidou o numeroso público a reflexionar sobre os distintos tipos de violencia contra as mulleres

O Concello de Rois celebrou este sábado, 29 de novembro, o acto institucional do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, nunha xornada marcada pola reflexión, a memoria e o compromiso social. A cita tivo lugar no auditorio do multiúsos e contou coa lectura do manifesto municipal, a cargo da concelleira de Igualdade, Mercedes Basante, así como con diversos xestos de homenaxe ás vítimas da violencia machista.

Ao acto asistiron tamén os concelleiros Victoria Quiroga e Manuel Cobas, xunto co alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira padronesa Laura Horta.

A programación deu comezo ás 19:30 horas coa lectura do manifesto institucional. No seu discurso, Basante lembrou que España rexistra no que vai de ano 38 feminicidios, dous deles en Galicia, que deixaron vinte menores orfos. Destacou que “as mulleres vítimas dos agresores machistas non son cifras, senón persoas en perigo sometidas a un sufrimento extraordinario” e salientou a necesidade de reforzar os mecanismos legais e de protección, ao tempo que condenou “a quen nega ou minimiza esta realidade”.

Tras a lectura, acendéronse candeas en memoria das mulleres asasinadas en 2025 e gardouse un minuto de silencio.

A programación continuou ás 20:00 horas coa representación teatral Sen lingua, da compañía Serea Teatro, que convidou ao público a reflexionar sobre as distintas formas de violencia e sobre como o machismo máis sutil continúa relegando as mulleres ao silencio e ao ostracismo.

Accións de sensibilización no municipio

Ademais do acto institucional, Rois desenvolveu nos últimos días diversas iniciativas para reforzar a conciencia social contra a violencia machista. O 25 de novembro, dependencias municipais, o centro de saúde, comercios e locais de hostalería prenderon candeas en memoria das vítimas e distribuíron folletos informativos do Centro de Información á Muller – CIM Terras de Iria, que ofrece asesoramento gratuíto ás veciñas.

O persoal municipal tamén se sumou á xornada cun minuto de silencio diante da casa consistorial, nun acto presidido polo alcalde, Ramón Tojo, acompañado de membros do equipo de goberno.

As accións de concienciación chegaron tamén aos centros educativos do municipio. O alumnado de infantil e de 4º da ESO participou en obradoiros específicos, e colocáronse sinais de tráfico contra a violencia machista na escola infantil e nos colexios de Dices e do Pumar

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.