Rock in Rian e o Concello de Rianxo organizan o 6 de decembro unha Andaina por Palestina

21 Novembro 2025

O Festival Rock in Rian, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza unha andaina por Palestina. Será o vindeiro 6 de decembro, con saída ás 10.00 horas dende a praza Castelao. Haberá dous percorridos: un de 11 quilómetros de distancia a camiñar e outro de 4,5 quilómetros, así como opción de fila 0 para que calquera persoa poida apoiar a iniciativa.

O recadado doarase a International Child Welfare.

As inscricións están abertas na web woutick.com.

Dende Rock in Rian explican que “malia que o foco mediático xa se centrase nas novas primicias, dende a Asociación Festival Rock in Rian queremos tentar aportar o noso gran de area á causa palestina. E queremos facelo da man da xente”. De aí que habilitaran unha fila 0, “para quen non poida achegarse á andaina pero non queira quedar sen aportar”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.