Rober Cagiao presenta o thriller “A dama de Anboto” na Libraría ULA de Outes

17 Novembro 2025

O proxecto ULA Libraría Social de Outes, impulsado por Maitane Vicente, vai dar acollida este venres 21 de novembro, ás 19.30 horas, á presentación do libro A dama de Anboto, un thriller do escritor galego Rober Cagiao ambientado entre Galicia e Euskadi (onde están, precisamente, nos montes de Anboto, de onde é natural a deusa Mari). A cita é este venres ás 19.30 horas. O libro está editado polo selo galego Calacán (en galego).

Sinopse

As lendas como fonte inesgotable da cultura galega e vasca. Os inspectores Galdós e Lasarte chegan a Portomarín para investigar a morte dunha muller que desapareceu hai sete anos no País Vasco. Ninguén tivo noticias dela durante este tempo e agora aparece morta, e todo indica que foi asasinada, pero por que a tantos quilómetros de distancia?

Aínda que o máis inquietante do caso é que a súa irmá, Amalur, desapareceu da mesma maneira, pero hai vinte e un anos, e aínda sen noticias dela. O día e lugar repítese, pero con anos de diferenza: un solsticio de verán nos montes de Euskadi. Concretamente, no pico de Anboto, preto de a cova da Mari. Onde conta a lenda que, se te atopas a unha fermosa muller e faiche unha pregunta, máis vale que lle sexas sincero, porque se lle amentes, caerache a peor das desgrazas; en cambio, se lle dis a verdade, concederache o que máis anhelas. Hai realmente unha conexión entre estas mulleres e esta cova?

A inspectora Bibiana Galdós e o inspector Lasarte viaxan de Galicia ao País Vasco para descubrir que hai detrás. De súpeto, todo ponse en marcha e os perigos axexan, o que se converterá nunha carreira contrarreloxo para descubrir que escóndese tras tantos anos de silencio. E canto máis cercan están de descubrir esta conexión, a verdade está a piques de descubrirse, e quizais ninguén estaba preparado para ela. Asasinatos e segredos familiares nun ambiente rural con misterio e tensión ata o último momento.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.