Ribeira xuntou festa e tradición nun exitoso magosto popular organizado polo BNG e Altofalante

09 Novembro 2025

A praza do Concello de Ribeira encheuse este sábado 8 de novembro de veciñas e veciños que participaron no magosto popular organizado polo BNG, Galiza Nova e a Asociación Cultural Altofalante, nunha xornada que combinou festa, tradición e cultura.

Dende as 19:30 horas, centos de persoas achegáronse á praza para desfrutar dun completo programa que comezou coa presentación do libro infantil O Magosto de Brais, do autor ribeirense Jorge Pérez Sampedro. A actividade espertou un grande interese entre o público máis novo e as súas familias, que puideron compartir cos protagonistas da obra o espírito desta celebración outonal.

A tarde continuou con xogos populares, música a cargo do DJ Jalaiko e o reparto gratuíto de castañas asadas, que contribuíron a crear un ambiente festivo e participativo. Xa entrada a noite, a queimada popular dirixida por Nando Llon reuniu a un gran número de asistentes, que acompañaron o tradicional conxuro antes de dar por pechada a xornada.

O portavoz do BNG en Ribeira, Luís Pérez Barral, mostrouse satisfeito polo éxito da convocatoria:

“Foi unha tarde-noite marabillosa, con moita participación e un ambiente cheo de familias. O obxectivo era crear un espazo de encontro para celebrar a nosa cultura e a nosa lingua, e conseguimos que a xente pasara un bo momento”.

Pola súa banda, o presidente da Asociación Cultural Altofalante, David Casais, destacou a boa acollida e o valor simbólico da iniciativa:

“Estamos moi contentos de ver como Ribeira respondeu a esta proposta. Foi un pracer colaborar na organización deste magosto e comprobar que a xente ten ganas de participar, de facer comunidade. A presentación do libro O Magosto de Brais foi moi ben recibida, esgotáronse os exemplares, e demostra que tamén desde a cultura infantil podemos fortalecer o noso idioma e as nosas tradicións”.

As organizacións promotoras agradeceron a colaboración das persoas voluntarias e o comportamento exemplar do público. Ademais, avanzaron que a experiencia se repetirá nos vindeiros anos, coa intención de consolidar o magosto popular como unha das citas máis destacadas do outono ribeirense.

Outros artigos

Noia ponse en marcha contra o cancro o vindeiro 19 de setembro

O vindeiro 19 de setembro, Noia volverá camiñar unida por unha boa causa coa celebración da andaina solidaria Noia en marcha contra o cancro, organizada pola delegación local da Asociación Española Contra o Cancro A Coruña (AECC). A saída será ás 17:00 horas desde a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.