Ribeira organiza un curso para mellorar a xestión das colonias felinas do municipio

14 Novembro 2025

A Concellería de Benestar Animal de Ribeira vén de poñer en marcha unha nova acción destinada a mellorar a xestión das colonias felinas existentes no municipio. Para iso, impulsará un curso de iniciación e reciclaxe no manexo de colonias felinas, que será impartido pola docente Ángeles Doval.

A formación terá lugar o sábado 22 de novembro, entre as 16:00 e as 20:00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas, e está dirixida tanto a persoas que se inician no coidado de grupos de gatos como a quen necesite renovar a súa acreditación.

O concelleiro de Benestar Animal, Eladio Muñiz, subliñou que esta iniciativa pretende “formar ás persoas participantes para garantir unha atención axeitada aos grupos de gatos e asegurar o correcto funcionamento das colonias felinas”. O curso servirá así como formación inicial e renovación das acreditacións das persoas colaboradoras do programa CER (Captura–Esterilización–Retorno) no concello. A actividade contará con entrada libre ata completar a capacidade.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.