Ribeira clausura a cuarta edición do Festival Internacional de Teatro Amador de Galicia

16 Novembro 2025

A concelleira de Cultura de Ribeira, Ana Barreiro, participou na clausura da cuarta edición do Festival Internacional de Teatro Amador de Galicia, que ao longo dos meses de setembro a novembro levou ao novo Auditorio municipal cinco funcións a cargo de compañías galegas, nacionais e internacionais.

Antes da representación de Helena, da compañía portuguesa Thiassos Teatro —que puxo o broche final á mostra—, Barreiro tomou parte na entrega de galardóns. Durante a súa intervención, destacou que “Ribeira goza de gran vitalidade cultural e o noso Concello sempre tivo un forte compromiso co teatro, polo que este festival contribuíu a fortalecer e enriquecer a programación cultural que ofertamos”. Salientou tamén que “a cultura é peza angular de toda sociedade, pois é unha ferramenta pedagóxica que nos permite conectar a nivel intelectual e emocional, que nos nutre como persoas”.

A edil puxo en valor a colaboración entre Administracións e entidades promotoras “para levar propostas culturais de interese máis alá das grandes cidades” e animou a “seguir potenciando as artes escénicas, establecer diálogo e pontes entre territorios e crear redes de colaboración”, segundo expresou no acto conducido pola actriz Jana Tort.

Á clausura asistiron tamén a deputada provincial de Cultura, Natividade González; o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes; o presidente de Feteagal, David Vázquez; o vicepresidente da entidade, Javier Mariño; representantes da Corporación municipal e membros dos grupos teatrais participantes.

Cinco funcións nun outono de teatro

O festival deixou en Ribeira cinco propostas escénicas de temática diversa. O 27 de setembro abriu a programación o grupo galego Denigrantes Comediantes con Amareite ata que te odie. En outubro subiron ao escenario Soños do Mar Negro, da compañía cántabra EntreCajas Fusión Teatro (día 4); A Casa de Bernarda Alba, de Noite Bohemia (día 5); e As Galas do Defunto, de Cardume Teatro (día 12). A cita concluíu o 16 de novembro con Helena, de Thiassos Teatro, que puxo o punto final a esta cuarta edición.

C.R.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.